Onte 384: Escaparate
/en facebook, Iniciativas, Librarías, Onte, Promoción do libro, Publicidade, Twitter, Xerais/por bretemasFoi magnífico o escaparate que a Galería Sargadelos de Lugo preparou con motivo da presentación do libro de Xesús Alonso Montero Castelao na Unión Soviética en 1938. O escaparatismo creativo foi unha das estratexias principais do pequeno comerciante para reclamar o interese da clientela. Unha modalidade de promoción á que non foi allea o mundo da libraría tradicional, como demostraban aquelas vitrinas formidables da viguesa Librería Cervantes ou da Libraría Ir Indo das galerías de Príncipe, sempre actualizadas coas máis recentes novidades. Inmersos na voráxine do medo e da anemia comercial, debemos procurar que o libro galego volva aos escaparates das nosas librarías, facéndose visible á cidadanía toda, como onte sucedeu co libro de Alonso Montero en Lugo. Propoño unha campaña de parabéns –publicando e viralizando fotografías en Twitter e Fb– a aquelas librarías que arranxen os seus escaparates de xeito creativo e visibilicen neles libros en galego. Beizóns a Sargadelos de Lugo pola súa longa tradición escaparatista a prol do libro e cultura galegas.
Ler non é clandestino
/en Lectura, Libro, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos/por bretemasMagnífica esta peza de animación á lectura preparada pola Biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei.
Parabéns a Gracian Santorum e Anxo Fernández!
Un Celta para tod@s
/en Celta de Vigo, Fútbol, Publicidade, Vídeos/por bretemas
Outra magnífica peza de corazón celeste de Karpinha. Entramos con humildade nas dúas semanas decisivas da tempada.
Onte 133: Madrid le
/en Lectura, Onte, Promoción do libro, Publicidade/por bretemasNo Metro, dende Barajas ao centro, comprobo que viaxa moita xente lendo. Sorpréndeme, ademais, que algunhas lectoras o fagan sobre os seus e-books, o que constitúe unha tendencia a ter en conta. No entanto, o que continúa chamando máis a miña atención é a exitosa campaña publicitaria de fomento da lectura –«Libros a la calle»– que, dende hai quince anos, promoven o consorcio metropolitano de transportes e a Asociación de Editores de Madrid en milleiros de vagóns de metro, trens de cercanías e autobuses urbanos. Cando leo estas carteliñas de fragmentos literarios, penso que debería propoñerlles a Vitrasa e á Tranvías da Coruña emular a campaña cunha escolma de literatura galega. Cun custe moi baixo podería acadarse unha ampla visibilidade para mensaxes como “Vigo le” ou “A Coruña le”. Desta volta, agardo poder facelo.
Tintimán, o booktrailer
/en Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos, Vigo, Xerais/por bretemasThe Fairytale
/en Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos/por bretemas
Precioso! Unha publicidade de libros moi ben conseguida dunha tenda de libros on line india.
Vía Trafegando ronseis.
Ver para ler, unha campaña de escaparatismo moi xeitosa
/en Iniciativas, Lectura, Promoción do libro, Publicidade, Slideshare/por bretemasXa o anunciei hai días en Twitter. Esta campaña de escaparatismo de Ópticas Santorum de Lalín é magnífica. O emprego de libros como apoio publicitario da venda de lentes é unha sinerxia que paga a pena divulgar, tanto pola súa capacidade para visibilizar o libro e fomentar a lectura como pola beleza que os álbums ilustrados achega a cada vitrina. Beizóns para a promotora dunha iniciativa que ben podería ser emulada por outros sectores do comercio.
«Take a seat» ou «Senta a ler»
/en Bibliotecas, Deseño, Lectura, Publicidade, Vídeos/por bretemas
Vía Libreros.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.