Shop Vac (kinetic typography animation)
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/y4sOfO8Ei1g" width="740" height="448" wmode="transparent" /]
Indispensable para amantes da tipografía e o deseño. Grazas, Marcus.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/y4sOfO8Ei1g" width="740" height="448" wmode="transparent" /]
Indispensable para amantes da tipografía e o deseño. Grazas, Marcus.
Couceiro from Fernando Lema on Vimeo.
Eis o magnífico vídeo que preparou Fernando Lema do acto da presentación o pasado 14 de outubro na praza de Cervantes de Todo é silencio de Manuel Rivas, organizado pola Libraría Couceiro. Iria Peña canta o fado «Chaves da vida», acompañada nas guitarras por Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.
Hoxe presentamos a edición do Culturgal 2010. A Feira das Industrias Culturais Galegas do 26 ao 28 de novembro volve ao Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, o berce onde recibiu os seus primeiros aloumiños en 2007. Un Culturgal moi renovado organizativamente, máis sólido ca noutrora xa que está alicerzado no traballo de seis asociacións de profesionais da industria cultural galega: os editores da AGE, as empresas musicais AGEM, os editores musicais de AGAPHONO, as empresas de Internet de EGANET, os produtores audiovisuais de AGAPI e os membros de ESCENA GALEGA. Un Culturgal austero, como corresponde ao memomento que vivimos, que contará co patrocinio de AGADIC, o concello de Pontevedra e o amparo do programa CREATIVA. Xa haberá tempo de anunciar o programa de actividades deste Culturgal, hoxe saudamos este esforzo de traballo en man común dos diversos sectores da cultura galega. Eis a arte da unidade en tempos de crise.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TMoTfPdeOhI" width="740" height="448" wmode="transparent" /]
Son sincero, no meu Itunes teño máis de catro mil cancións, das cales case novecentas son de música galega, e entre elas non hai ningunha de Ana Kiro. Porén, que musicalmente non me interesara nunca non quere dicir que esta muller afouta na defensa da cultura de noso, insignia da galeguidade e da Galicia emigrante, mereza toda a nosa admiración. Recomendo este vídeo da homenaxe de Arzúa hai dous anos e o fermoso artigo que lle dedicou o pasado mes de agosto Víctor Freixanes. Beizóns, Ana Kiro!
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/e1IxOS4VzKM" width="740" height="448" wmode="transparent" /]
Simpático tema da humorista e cantante Rachel Bloom que homenaxea ao escritor Ray Bradbury, autor entre outras marabillas de Crónicas marcianas e Fahrenheit 451. A canción de Bloom constitúe unha intelixente parodia do xénero da ciencia ficción, transformando ao nonaxenario escritor en estrela e aos seus libros en pezas moi moi excitantes. Un convite moi interesante dende Internet para a lectura das obras de Bradbury, a pesar de que o velliño mandase a Internet ao inferno.
Vía Blogtailors, moito obrigado.
Un gaiteiro beduíno recibiunos no impresionante teatro da cidade grecorromana de Xerash (unha das marabillas arqueolóxicas menos coñecidas de Xordania). Aínda que o seu xeito era bretón daba xenio escoitalo, a pesar de que alí nese momento ía unha calor que se achegaba aos 50º.
”Un día, atopei un enorme libro soterrado na terra. Abrino, mais todas as súas follas estaban en branco…”, o vídeo de «Bachelorette» de Bjork é unha fermosa recomendación que ven da man de Iolanda Zúñiga.
Adam Watts “RECKLESS” from Daniel Chesnut on Vimeo.
Hoxe collimos vacacións na editorial deica o 23 de agosto. Porén o blog fervía anunciando o que serán dúas das nosas novidades despois do verán: Todo é silencio, a vindeira novela de Manuel Rivas, mais Reckless. Carne de pedra, a primeira entrega da nova triloxía de Cornelia Funke, un espectacular lanzamento mundial que se producirá o 14 de setembro e no que, por vez primeira, participará unha editorial galega. Esta edición galega de Funke, amorosamente traducida por Chus Bello (a quen tanto temos que agradecer) está descubríndonos moitos segredos e prácticas da edición internacional que descoñeciamos. Velaí as xiras de lecturas da autora, previstas por Alemaña (entradas de pago); os vídeos da lectura que a autora fai dun capítulo; as cartas da autora para os seus lectores e lectoras ou a canción do libro, que aquí enlazo de Adam Watts. A noticia da novela de Rivas, unha traballada primicia de Alberto Ramós en Xornal de Galicia, promete un trhiller engaiolante onde van ter moita importancia os personaxes, sobre todo ese omnipresente Mariscal. Dúas novelas literariamente valiosas que, non teño dúbidas, poden interesar ao público que le en galego. Agora comeza o difícil traballo de facelas visibles na libraría, eis o noso reto.
Neste día en Vigo de exaltación militar, refuguémonos en Brassens.
O profesorado da Sprague Elementary School (USA) gravou este lipdub (“Put Books in your head”) para animar ao seu alumnado a ler no verán. Chamoume a atención polo que ten de testemuño do que se está facendo na maioría dos sistemas educativos por presentarlle ao alumnado a lectura como unha actividade atractiva; todo un claustro non dubida a poñerse a bailar para seducir aos rapaces e rapazas a que se atrevan cos libros. Bravo! Outrosí sucede coa fórmula dos lipdub, eses vídeos de danza colectiva e contínua (utilizada con éxito para a defensa da nosa lingua), asociados á cultura viral das redes sociais. Vencellar ambos os dous elementos, semella unha fórmula a ensaiar na promoción da lectura nos centros educativos.
O lipdub permite, ademais, coñecer por dentro as instalacións dunha Escola Primaria estadounidense, é moi recomendable reparar nos detalles, así como na letra da canción de Jason Derulo.
Vía Trafegando ronseis (obrigado).
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).