Entrevista a Manuel Rivas
Manuel Rivas é entrevistado na revista UNELIBROS. Manolo, entre outras cousas ben interesantes, propón a creación dun novo ecosistema para a promoción da lectura e do libro: o pub-taberna-libraría. Quedo con estas tres afirmacións en defensa do libro, a lectura e a biblioteca:
- “A lectura, o libro e os espazos onde están son lugares de resistencia humanística esenciais. A nosa sorte depende de que eses espazos se manteñan ou desaparezan completamente da natureza”.
- “O libro é algo que pertence á natureza, que ten a condición de froito”.
- “Os centros escolares deberían ter como epicentro arquitectónico a biblioteca”.
A longa entrevista pode lerse neste pdf (nas páxinas 13 a 15) do número completa da revista.












