«Woman» «Yo leo»
/en Lectura, Medios, Publicidade/por bretemas
Nunca víramos semellante tratamento para promoción da lectura como o que realiza a revista Woman neste mes de abril. Algo está mudando na imaxe social da lectura para que sexa promocionada en portada. Vaise poñer de moda a lectura e visitar as bibliotecas e librarías?
Vía Librosfera
Gústame ler
/en Editores, Lectura, Vídeos/por bretemas[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/oX1LM9HIk_s" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Gran vídeo de promoción da lectura de Random House Mondadori. Moi recomendable.
Vía Trafegando Ronseis.
Os nosos índices de lectura
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Informes, Lectura/por bretemas
No artigo da semana reflexiono sobre os índices de lectura máis recentes dos que dispoñemos. O repunte dos hábitos lectores, o incremento da lectura en galego, a mobilización lectora da mocidade e o importante papel das bibliotecas escolares e do sistema escolar neste proceso son algunhas das cuestiónas abordadas.
Animar a lectura pola radio
/en Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico/por bretemas
Dende o pasado mes de xaneiro alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria do Colexio Público Pazos de Reis de Tui desenvolven durante as mañás dos martes un programa de animación á lectura na Radio Municipal de Tui. Os alumnos e alumnas analizan un libro, realizan unha pequena reseña do autor e recomendan a súa lectura.
Premendo en cada título podemos escoitar os programas dedicados a Cidades de Fran Alonso, A rebelión dos coellos máxicos de Ariel Dorfman, A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey e Mal de escola de Daniel Pennac (programa no que participaron dous profesores do centro).
Os nosos parabéns ao alumnado participante e á comunidade educativa de Pazos de Reis por tan fermosa iniciativa.
Declaración dos Dereitos do Libro
/en Cultura, Lectura, Libro/por bretemasTrafegando Ronseis, un dos meus blogs educativos de referencia, publica hoxe o texto en galego da Declaración dos Dereitos do Libro. A redacción débese á Asociación de Editores da rexión Centro de Francia.
Artigo 1
Os libros, todos os libros, teñen dereito a existir.Artigo 2
Os libros son iguais entre eles, sen distinción da súa orixe, fortuna, nacemento, opinión ou editor.Artigo 3
Todo libro ten dereito á vida, á súa comercialización, á sorte de ser exposto ao lector e ofrecer ao seu autor a posibilidade de ser escoitado e remunerado con xustiza.Artigo 4
Todos son iguais ante a lei que os somete a igualdade de prezo en calquera lugar onde sexan expostos.Artigo 5
Todos teñen dereito a que en todos os lugares se recoñeza a súa personalidade, a personalidade do autor e do editor.Artigo 6
O libro, obra de imaxinación coma de investigación, diríxese á imaxinación coma ás necesidades do ser humano. Así que non debe ser tratado na súa comercialización como un produto simplemente de consumo.Artigo 7
O libro é será garante das nosas liberdades. Non pode en ningún caso ser sometido a aversión sexa polo plantexamento das súas ideas como pola súa misión fundamental de promover o libre intercambio das culturas, as mentalidades e os saberes.Artigo 8
O libro, portavoz do espírito, da ciencia, de praceres, rexistro do saber, así como obra de creación, debe ser tratado coma un ben indispensable para a cultura, a promoción social e espiritual, a información, e non pode ser tratado como un vulgar obxecto de proveito.
Un texto ben interesante que, como o dos dez dereitos do lector, acuñados por Daniel Pennac, pode constituírse nunha magnífica ferramenta didáctica para iniciarse no mundo do libro e da lectura. Propoño a súa difusión entre os blogs de bibliotecas e clubs de lectura, así como de todas as entidades profesionais vencelladas ao libro galego.
No blog Nosololibros, versión en castelán.
A lectura, chave do coñecemento
/en Lectura, Libro/por bretemasNon pode pasar sen anotación no blog a reportaxe que onte publicou El País sobre a cultura de masas en España. Máis alá dos datos que proporciona sobre hábitos de consumo de produtos culturais, quero salientar o papel principal que se lle concede á lectura. Recollo dúas frases luminosas do noso amigo José Antonio Millán:
O medidor fundamental do nivel cultural é a lectura, «a chave do coñecemento na sociedade da información», segundo escribe o experto en cultura dixital José Antonio Millán en La lectura y la sociedad del conocimiento. «A colosal acumulación de datos que constituíu a sociedade dixital non será nada sen os homes que os percorren, integran e asimilan. E isto non será posible sen habilidades avanzadas de lectura».
A lectura como eixo central das políticas culturais e educativas; o libro como pan da cultura e da educación. A lectura e o libro como chaves do coñecemento.
Barómetro da lectura 2008, melloras en Galicia
/en Cultura, Lectura/por bretemasAprimorar a lectura e a escritura
/en Bibliotecas, Lectura, Recurso_didáctico/por bretemas
Alessandro Martins recompilou vinte e unha listas para aproimorar a lectura e a escritura que veu publicando no seu blog ao longo dos últimos anos. A pesar de que teñen un interese desigual, hai algunhas magníficas e útiles para ser empregadas na animación bibliotecaria. Eis o caso dalgunhas das listas sobre a animación da lectura: «Como aprendín a gustar da ler con once actitudes dos meus pais», «Os dez consellos para ler máis libros cada ano», «Os dez motivos para ler os clásicos», «Os doce consellos que facilitan o hábito da lectura». Como tamén as listas para aprimorar (que verbo bonito) a escritura, onde destacan «Os sete consellos de Gabriel García Márquez para escibir mellor». Esta recompilación de Martins é unha anotación para o arquivo. Moi útil. Grazas.
«La lectura en España. Informe 2008»
/en Informes, Lectura, Literacidade/por bretemas
A Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Federación de Gremios de Editores de España acaban de publicar un informe sobre a situación da lectura en España durante o pasado ano 2008. Baixo o título de La lectura en España. Informe 2008 e o subtítulo «Leer para aprender», o volume cooordinado e introducido por José Antonio Millán realiza un amplo percorrido sobre as cuestións básicas da lectura e as fronteiras actuais da edición e dos futuros do libro.Organizado en tres grandes apartados, precedido dun adral maxistral de Roger Chartier («Aprender a ler, ler para aprender»), na primeira abórdase a situación actual da lectura (con traballos sobre a ofreta editorial, a situación libreira e bibliotecaria, a lectura da prensa e o papel da lectura no sistema educativo), na segunda a voz dos lectores e na última unha varia de achegas dalgúns dos máis importantes ensaistas sobre a lectura (dende Cassany e Barandiarán ao propio Millán). Un informe onde hai moito para debullar e reflexionar. É de salientar como extraordinariamente positivo que o informe se publique baixo unha licenza Cretive Commons e se poida baixar gratuitamente en formato pdf, dende a páxina da Federación de Editores, tanto completo como por cada un dos seus capítulos. Sen dúbida, isto si que constitúe un fito na historia da edición en España.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.








