Ler nas praias
/en Imaxes, Lectura/por bretemasA caravana de promoción da lectura nas praias, promovida polo Ministerio de Cultura e a Federación de Gremio de Editores de España, resultou un auténtico fiasco en Galicia. O “descoñecemento” máis absoluto da toponimia oficial dos organizadores amosa, outra volta, o fracaso radical e a inutilidade destas campañas, deseñadas e concibidas dende unha óptica centralista tan homoxénea como paternalista. Sería tan difícil que aquí se realizase na nosa lingua e coa participación dos editores galegos? Canta vergonza teriamos así evitado?
Paradoxicamente, o máis recente barómetro sobre hábitos lectores amosa que en Galicia estamos oito puntos por baixo da media de lectura española. Un índice estatístico que amosa a nosa indixencia lectora e fronte ao que ningunha autoridade (nin do goberno central nin tampouco da Xunta de Galicia) semella alarmarse. Cales son as razóns de que os cidadáns galegos padezamos esta perigosa sinistralidade cultural?
Arden os libros
/en Imaxes, Xerais/por bretemasOs mellores carteis de 2006
/en Imaxes, Publicidade/por bretemas
Letras en movemento
/en Imaxes, Lectura/por bretemas
No blog do libreiro venezolano Roger Michelena atópanse imaxes ben fermosas sobre o mundo do libro, a lectura e a tipografía. Eis algunhas das máis recentes.
Vamos torcer pelo Brasil!
/en Imaxes/por bretemasRecomendo vivamente este minuto e medio de debuxos animados en Flash, chegado dende Porto Alegre.
Fotografías sonoras
/en Imaxes/por bretemas
E como cousa de encantamento…
/en Imaxes, Política/por bretemas
Lennon XXV
/en Imaxes/por bretemas

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- As columnas de Noriega16 de Abril de 2025 - 4:29 p.m.
- Vigo desde o aire15 de Abril de 2025 - 5:14 p.m.
- Chasco14 de Abril de 2025 - 8:11 a.m.
- Piares da Lectura9 de Abril de 2025 - 12:12 p.m.
- Lagares e outros ríos do Fragoso8 de Abril de 2025 - 11:05 a.m.