Moitos libros?

(Alicia Martín, instalación, Madrid 2003)
A pasada semana comentamos polo miúdo os datos do estudo do Comercio Interior do libro 2005, tratando de non simplificar o diagnóstico sobre a produción e venda do libro galego no pasado ano e procurando atopar liñas de tendencia entre os últimos cinco exercicios . Onte apareceu unha coidada información sobre o mesmo tema cun enfoque e diagnóstico moi semellantes. Afortunadamente cada vez contamos con máis datos e máis afiados para saber cáles son os puntos fortes do sector do libro galego e cáles as súas maiores feblezas. Hai tipoloxías de edición, como a infantil e a educativa, e mesmo a literaria (sobre todo no xénero da narrativa), da que sentirnos ben orgullosos, tanto polo crecemento da súa produción diversa como do seu número de lectores; mais tamén o é que hai outras onde as nosas carencias son abrumadoras. Feitos a ter moi en conta á hora de deseñar as políticas públicas de fomento da lectura e da edición en galego. Podemos navegar axudados por esta cartografía.
Etiquetas: ,
2 comentarios
  1. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Dorfun: éche unha moi boa idea esta de facer unha cadea de libros hipertextuais. Hai que estudalo. Grazas pola recomendación.

Los comentarios están desactivados.