Enrique Líster
/en Eventos/por bretemasMarilar Aleixandre en Budapest
/en Autores, Entrevistas, Eventos, Poesía/por bretemasA proxección da literatura galega no exterior é unha tarefa complexa que require un traballo demorado e sistemático por parte de todos. Afortunadamente cada vez son máis frecuentes as noticias da presenza dos nosos autores e autoras en eventos internacionais.
Estes días soubemos da viaxe de Marilar Aleixandre a Budapest para participar, entre os días 29 de marzo ao primeiro de abril, no festival internacional de poesía Europoetica Sacra, que este ano ten por tema “escribir no límite”, relacións entre linguas, poetas que escriben en linguas minorizadas / distintas da materna. Marilar foi convidada polo Instituto Cervantes que apoia este festivalcomo fan, tamén, o Instituto Goethe, o Instituto Italiano de Cultura, British Council… Polas múltiples referencias que vimos na rede (non entendemos nin papa de húngaro) semella que este festival de poesía ten moita proxección. Os nosos parabéns a Marilar.
Actualización (28-03-07): Galicia hoxe amplía a información cunha interesante entrevista a Marilar.
Encontro do Plan de Bibliotecas
/en Bibliotecas, Eventos/por bretemasA asesoría de Bibliotecas Escolares preparou un gran programa para o novo Encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, que terá mañá en Compostela. Mágoa non poder escoitar a Celaya e a meu admiradísimo Daniel Cassany, que impartirá unha conferencia co suxestivo título “Ler no século XXI”.
Vía: Comunicación Cultural.
Fina Casalderrey, Premio Irmandade do Libro
/en Autores, Eventos, Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Premios, Xerais/por bretemasRecibimos con grande alegría a noticia que o premio Irmandade do Libro á autora do ano foi outorgado a Fina Casalderrey. Recoñécese así a traxectoria dunha das autoras fundamentais no agromar desta auténtica idade de ouro que vive a nosa Literatura Infantil e Xuvenil en galego. Hai apenas dous meses publicamos A lagoa das nenas mudas (ilustrado por Patricia Castelao, outra marabilla!), unha novela conseguidísima para rapaces de dez anos en diante, que aborda a cuestión da comunicación no novo contexto intercultural; e dentro de apenas dúas semanas aparecerá A pomba e o degolado, título co que a nosa colección Fóra de Xogo chega o seu número 100. Adianto que esta novela, baseada nun caso de acoso escolar, é para min a obra máis conseguida dunha autora que avanza literariamente en cada novo título que publica. Fina recibirá o premio o vindeiro venres 23 de marzo no seo da cea que organiza en Carballo a Federación de Libreiros de Galicia na que intervirá o escritor Manuel Rivas e na que serán outorgados os premios Irmandade do Libro 2006. Alí trataremos de estar, despois da presentación na que participaremos en Ribeira.
Homenaxe ás vitimas do Portiño
/en Efemérides, Eventos, Historia, In memoriam/por bretemasOs membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fixéronos chegar información da homenaxe que se realizará o vindeiro venres, 9 de marzo, ás 19:30, no Peirao do Portiño do barrio de San Pedro de Visma da Coruña en lembranza do setenta aniversario da traxedia do Portiño. No acto intervirán Eliseo Fernández, Xurxo Souto e Manuel Rivas. Reproduzo a nota enviada pola Comisión organizadora da homenaxe:
“Este pasado 3 de marzo cumpríronse os setenta anos do intento de fuga polo Portiño, o feito máis dramático de todas cantas fugas por mar intentáronse no noso País. Queremos lembrar pois tal data, na que morreron moitos homes, tanto nesa mesma noite do 3 de marzo, como nos meses posteriores, consecuencia do xuízo sumarísimo á que foron sometidos os que caeron nas mans dos represores. Os pesqueiros “Generoso” e “José Linares” levaríanos fóra de Galiza, para salvalos do cerco no que estaban sendo acorralados. Abortada a fuga, resultaron 28 detidos, outros ficaron alí mortos, afogados; algúns salvaron momentaneamente a vida para rematar sendo atopados, ou outros con máis sorte, lograron fuxir noutra ocasión ou voltar de novo a seus agochos. Moitos dos detidos morrerán fusilados no Campo da Rata en outubro, e outros serán condeados a cadea perpetua. Todo por tratar de fuxir; poucos eran cadros destacados de sindicatos ou partidos, os máis, simples militantes, da CNT na súa maioría, obreiros mozos que fuxían da morte ou de calquera outra das formas de represión de seus verdugos. A fuga foi artellada pola organización coruñesa do “Despertar Marítimo”, que conseguiu rachar co cerco en diversas ocasións, máis non en esta. Quixeramos convidarvos a todos os mulleres e homes de ben que quixerades lembrar tal traxedia nas nosas costas.”
Nace Cultur.gal
/en Cultura, Editores, Eventos, Exposicións/por bretemasDespois dunha coidadosa xestación de dous anos onte, por fin, foi anunciada a primeira edición de Culturgal, a grande feira do libro e da industria cultural que organizamos os editores galegos. Esta Feira, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra do 10 ao 14 de maio, está chamada a converterse na grande cita anual e punto de encontro de todos os sectores da industria cultural galega (especialmente do mundo do libro e do disco) co público. A calidade do espazo web, a importante cobertura institucional e a profesionalidade na organización anuncian que o evento debe constituírse nun grande éxito. Dende o blog seguiremos de forma preferente a elaboración do programa de actividades desta cita na que temos postas tantas esperanzas.
Crónica dende a Habana
/en Eventos/por bretemasIndispensable esta crónica de Fran para coñecer qué está sucedendo estes días na Feira do Libro da Habana, onde o vindeiro ano seremos país convidado. As xestións que iniciara o pasado ano a presidencia da AGE deron o seu froito. “¡Sálvese quien lea. Viva el libro!”
A forza da palabra
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cultura, Efemérides, Eventos, Exposicións, Lingua/por bretemasNo artigo da semana recomendo a visita á exposición instalada na Fundación Caixa Galicia con motivo do centenario da Academia Galega. Sería magnífico que se puideron ler na rede máis contidos (sobre todo as imaxes) desta mostra memorable.
Segundo Congresso de Editores
/en Edición, Eventos, Portugal/por bretemasAquí poden lerse todos os relatorios presentados no pasado Segundo Congresso de Editores. Moi interesante para coñecer o estado da edición e as preocupacións dos nosos irmáns portugueses.
Etiquetas: Congreso_Editores, Portugal

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Escribir a man27 de Agosto de 2025 - 8:20 a.m.
- O relato de Irene Ceballos26 de Agosto de 2025 - 10:08 a.m.
- Polo correo do vento20 de Agosto de 2025 - 5:54 a.m.
- Impresións de Castelao en Vigo19 de Agosto de 2025 - 10:36 a.m.
- Bordalás receita xetafina18 de Agosto de 2025 - 5:27 p.m.