Poema de hoxe 55: «Nin ás escuras…!» de Rosalía de Castro
Poema de hoxe 54: «No escuro» de Ramón Cabanillas/en Autores, Efemérides, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Onte 1591: #MobilizaRosalía
/en Autores, Efemérides, Novidades, Onte, Poesía, Presentacións/por bretemasComezou a semana dedicada a Rosalía con motivo da celebración o mércores 24 do seu 179 aniversario. A programación tan intensa de actividades literarias, sobre todo nos centros de ensino, con especial incidencia este ano na utilización da comunicación dixital, demostran que os seus textos permanecen moi vivos e presentes na sociedade galega, ao tempo que posúe unha estraña e poderosa capacidade mobilizadora da nosa conciencia colectiva. Adiantada do seu tempo, sempre transgresora, radicalmente moderna, o fenómeno Rosalía increméntase cada ano como «o personaxe predilecto dos galegos», unanimidade interxeracional sorprendente que ben explica o éxito desta efeméride do 24 de febreiro. Polo que nos atinxe, celebraremos o día de Rosalía no Auditorio de Padrón, acompañando a Anxo Angueira na presentación da súa monumental edición de Follas novas, o segundo dos volumes da obra completa publicada por Xerais.
Imaxes liberadas pola Deputación da Coruña de catro deseñadoras galegas para utilizar na rede con motivo do Día de Rosalía.
Poema de hoxe 53: «A Rosalía» de Manuel Curros Enríquez/en Autores, Efemérides, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Poema de hoxe 33: «A candeloria» de Luís Amado Carballo/en Autores, Efemérides, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Na catedral do abrente
hoxe casan os paxaros,
con nubes de neve e ouro
está o ceo galanado
Luís Amado Carballo, Proel (1924)
Onte 1568: Día da ilustración
/en Autores, Efemérides, Ilustración, Libro, Onte/por bretemasCelebrouse onte nas bibliotecas «O día da ilustración». Unha data incluída no calendario galego do libro e da lectura, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao, coa intención de salientar «a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración». Unha efeméride que debería servir, ademais, para reparar na situación dun subsector da creación que, a pesar do proceso de hibridación e mudanza do sector editorial, vive en Galicia un momento dunha certa efervescencia, fose pola consolidación nos mercados (tamén nos internacionais) dalgunhas das figuras da BD galega, sexa pola aparición constante doutras novas no terreo da edición infantil ou do portadismo editorial.
Xaora, sobre o mundo da ilustración galega pairan importantes dificultades, dende a reducida dimensión do noso mercado editorial interior, pasando polas dificultades para a exportación, concertación de edicións e venda de dereitos, até os prexuízos aínda existentes sobre este traballo artístico. E para mostra destas eivas abonda con reparar na lista de vinte e cinco creadores convidados a participar na Feira do Libro de Buenos Aires, que a Consellaría de Cultura e Educación publicou a pasada semana, e comprobar que só asistirá unha ilustradora. Apenas un síntoma dunha ollada prexuizosa sobre a ilustración galega, ademais dunha torpeza, cando se visita un país onde esta disciplina ten unha importancia fulcral no mundo editorial.
Parabéns a todos os ilustradores e ilustradoras, mercedoras de todo o noso recoñemento e apoio por tan destacado traballo artístico.
Grazas a Marcos Viso pola ilustración.
Onte 1559: Día dos abrazos
/en Efemérides, Onte, Persoal, Vigo/por bretemasCelebrouse onte o Día Internacional da aperta, que o mércores xa se anticipara na praza de Peniche, o espazo vigués dos abrazos, do acougo e da conversa, alentada polo optimismo colorista da gran kermesse de Antón Pulido alí instalada. O abrazo, a aperta, que ambas as dúas son palabras de noso, é unha das principais manifestacións de afecto e agarimo. Mais segundo leo nunha páxina arxentina, detrás do abrazo hai moito máis, xa que ten beneficios terapéuticos, xa que é capaz de «curar a depresión, mellorar a memoria, reducir a presión arterial e o estrés, como fortalecer o sistema inmunolóxico». Mais isto sucedería sempre que dure máis de vinte segundos, o que se denomina o «abrazo extendido«, xa que este é o tempo necesario para que comece a liberarse a oxitocina, a hormona asociada ás emocións positivas. Sexan os abrazos de tres segundos (os que damos decote), sexan os terapéuticos extendidos, benvidos sexan estes contactos corporais, manifestación de positividade e confianza.
Onte 1558: Usuarias das bibliotecas
/en Bibliotecas, Cultura, Efemérides, Onte/por bretemasCelebrouse onte o Día dos usuarios das bibliotecas públicas, unha efeméride que pretende render homenaxe a todos os socios e socias da rede de lectura pública galega, ao tempo que dar a coñecer os seus servizos e actividades. Sen dúbida unha boa iniciativa, xa que moi poucas veces se salienta na nosa axenda política e cultural a importancia das bibliotecas públicas e do elevadísimo número de persoas que utiliza os seus servizos. Se botamos man dos datos publicados polo INE, correspondentes a 2014, chama moito a atención que en Galicia este colectivo de usuarias de bibliotecas supere o millón de persoas, das que 877.616 son adultas e 145.567 menores. O 37,40 % da poboación galega é usuaria do servizos bibliotecarios, unha porcentaxe que se sitúa dez puntos por baixo da media española, mesmo moi lonxe do 75,2 % de Catalunya ou do 55,5 % da Comunidade de Madrid. No conxunto do estado o número de usuarias é case de 22 millóns, o 47,0 % da poboación, incrementándose ao longo dos útimos anos, coincidindo cos da crise e, paradoxicamente, coa diminución dos recursos públicos destinados ao funcionamento e dotación das bibliotecas. Nunca insistiremos abondo na importancia da biblioteca como a primeira institución cultural pública de cada comunidade local especializada en lectura e acceso á información en todos os soportes e formatos. Apostar pola mellora da rede das bibliotecas públicas é un dos investimentos máis rendibles.
Poema de hoxe 7: «O que todo galego choraría» de Valentín Paz Andrade/en Autores, Efemérides, In memoriam, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Chora, Terra, teu pranto matricial.
O que todo galego choraría,
se inda chorar puidera,
até cubrir de bágoas o mar.
Valentín Paz Andrade, Pranto matricial (edición Xerais 2012), homenaxe ao pasamento de Castelao o 7 de xaneiro de 1950
Poema de hoxe 6: «Cantos de reis»/en Efemérides, Festas, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Cantámoslle os reis
guedellas de cabra;
cantámoslle os reis
e non nos deches nada.
Popular, Cantos de reis.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.