Axentes literarios e "best sellers"
/en Edición, Editores, Traducións/por bretemasA nosa escasa experiencia na negociación de dereitos con axentes internacionais (sobre todo os da área anglófona) amosa que esta brutal lóxica do mercado vaise impoñendo tamén na relación que teñen con nós. Moitas veces solicitan adiantos de máis de 6.000 euros (unha cifra pequena na puxa polas súas novidades) que son case astronómicos para a edición galega, pois equivalen a vendas superiores aos tres ou catro mil exemplares (moi dificilmente acadables no noso mercado para case calquera título). Cantidade ao que hai que engadir o custe fixo da tradución que, só nunha minoría dos casos, pode ser subvencionada (ata o 60%) pola Consellaría de Cultura. Razóns pola que é ben meritorio o esforzo que algúns editores están facendo nos últimos anos para editar na nosa lingua títulos do mercado internacional. Equilibrar a necesidade de publicar en galego a literatura internacional de calidade (algo imprescindible) coas posibilidades reais do noso pequeno mercado é un problema difícil de solucionar.
Sobre a edición
/en Edición/por bretemasLibros canapé
/en Edición, Novidades, Promoción do libro, Sociedade, Televisión/por bretemas
Os libros canapé asolagan as mesas de novidades das librarías. Son os reis do novo mercado do libro.
O editor do libro canapé necesita un personaxe “coñecido”: actor, actriz, presentador de televisión, tertuliano, deportista, político en ascenso ou declive, ou simplemente un dos visitantes semanais das páxinas de papel cuché ou das imaxes do Tomate, da Dolce Vita ou do programa da tamén escritora AR. Un personaxe que aborde un tema de “rabiosa” actualidade, polémico ou chamativo (violencia doméstica, corrupción urbanística, anecdotario médico, separación dolorosa, traxedia persoal…); ¡magnífico!, se conta toda a verdade nunhas memorias (escritas por el mesmo) a tumba aberta ou nun libro de conversas autorizadas cun xornalista experto; extraordinario!, se o personaxe se atreve mesmo cunha primeira novela, escrita en apenas quince días de intenso traballo, entre sarao e sarao.
O editor propón unha extensión controlada: menos de duascentas páxinas é a cifra ideal, para conseguir así un volume que se poida vender no mercado a un prezo asequible. O resto queda en mans da maquinaria da editorial: unha corrección impecable de estilo, unha cuberta atractiva, utilizando os novos tratamentos infográficos; unha tipografía e un interliñado xenerosos que faciliten a lectura do novo público lector que se quere gañar; e sobre todo, isto é o máis importante, conseguir unha distribución arrolladora que desprace aos “produtos” da competencia. Velaí a fórmula segura do éxito dos editores do libro canapé.
Con todo, falta aínda un ingrediente decisivo: unha campaña mediática potente, apoiada polos programas de televisión dos comunicadores á moda. Para iso hai que coidar todos os detalles: montar unha presentación nun hotel de campanillas que serva exquisitos canapés; atopar uns presentadores carismáticos que “avalen” o libro e demostren coas súas gabanzas a importancia cultural do novo texto; asegurarse que se vai reunir “toda a profesión” e “todos os moitos amigos” do novo autor ou autora que agardarán estoicamente na cola para que lle asine os primeiros exemplares. As cámaras dos programas de cotilleo, os suplementos dominicais coas súas entrevistas que descubren o rostro descoñecido do autor, as listas dos máis vendidos nos xornais, e, se o libro ten tirón, a “turné agotadora” por provincias. farán o resto.
Nese contexto tan atractivo, a quen lle pode extrañar que Ana María Ríos publique o seu primeiro libro relatando a súa apaixonante experiencia? Haberá quen pense que este primeiro libro canapé galego contribúe a normalización do noso sector editorial. Un interesante debate sobre as diferenzas entre os produtos editoriais e a edición de cultura na que algúns teimamos. Permanezan atentos á pantalla, isto só acaba de comezar.
A situación da industria editorial
/en Cultura, Edición/por bretemas- Un sector maduro e consolidado con dificultades de expansión internacional e de crecemento das súas vendas (apenas un 1% anual na última década).
- Un sector inseguro por mor da perda de canles de comercialización debido á crise das “librarías tradicionais”.
- Un sector inflaccionario polo descontrol no número de títulos editados (70.000, unha das máis altas de Europa).
- Un sector cada vez máis concentrado: un 4% das empresas supoñen o 65 % das vendas.
- Un sector que se esforza en diversificarse (sobre todo os grandes grupos) no ámbito das industrias culturais e na comunicación.
- Un sector industrial con escasa importancia económica (apenas un 0,7 % do PIB español) mais que achega “glamour”.
Libros reciclados
/en Artes Visuais, Edición/por bretemas
Facendo espello coa anotación anterior, atopo estoutra de Millán sobre a edición de libros a partir de materiais reciclados que preparan algunhas editoriais latinoamericanas. Libros co miolo fotocopiado e grampado e as cubertas acartonadas e decoradas de forma artesanal. Unha vía ben diferente da electrónica para acceder á lectura impresa.
Máquina para facer libros á carta
/en Edición, Tecnoloxías/por bretemas
Via Bibliomano sei da aparición nos Estados Unidos dunha máquina para imprimir e encadernar libros á carta. A impresión baixo demanda levada as súas máximas consecuencias: pode facer dous libros de 500 páxinas cada sete minutos! Chámame a atención o seu aspecto, semellante ao dun caixeiro automático. Con que nome a bautizamos?
Cuestión de índices
/en Edición/por bretemasSegundo Congresso de Editores
/en Edición, Eventos, Portugal/por bretemas
Aquí poden lerse todos os relatorios presentados no pasado Segundo Congresso de Editores. Moi interesante para coñecer o estado da edición e as preocupacións dos nosos irmáns portugueses.
Etiquetas: Congreso_Editores, Portugal

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Vigo, cidade das ilusións12 de Agosto de 2026 - 12:34 p.m.
Asociación Cultural de Vigo6 de Agosto de 2026 - 2:25 a.m.
Un plan do galego para Rueda2 de Agosto de 2026 - 4:14 a.m.
Gorgorito e o Vigo Ye-Ye28 de Xullo de 2026 - 12:14 p.m.
Vigo líder de Galicia22 de Xullo de 2026 - 4:23 a.m.








