Entradas por bretemas

Confesión de Gaspar

Escoitei esta mañá ao padre Gabilondo que “facer de rei Mago en Sevilla foi unha das maiores honras da súa vida”. Desta volta, estou con Iñaki; a miña experiencia de onte, durante cinco intensas horas, como rei Gaspar pagou a pena. Hoxe, supoño que esta é a única monarquía necesaria, a que rexe a fantasía […]

Noite de Reis

A de hoxe é a noite que máis quero destas festas. E non o digo para afirmar o meu espírito de Peter Pan, agora que andan celebrar o centenario da obra de Barrie, nin para culminar un mes de consumismo compulsivo dos agasallos, comportamento que rexeito e intento non practicar, coa excepción, lóxica da adquisición […]

Pecharlle as portas á desolación

Si esa creo que foi a intención de María Victoria Moreno cando hai máis dun ano, coincidindo coa Feira do Libro de Pontevedra de 2003, me propuxo editar un libro sobre a súa experiencia, dende hai sete anos, como doente de cancro de mamá. Aceptei decontado convite tan valente, xa que hai moito tempo que […]

Brétemas de Esperanza

Recibo no móbil e nas caixas de correo moitos votos de primeiro ano reclamando o cambio político para Galicia. Saúde e que cante o merlo! Que o ano novo veña preñado de esperanza!… escríbenme os amigos, convencidos de que as súas palabras poden axudar a que xermole o que hai tantos anos agardamos. Sen embargo, […]