O xesto de Castrillo

Sae publicado no Faro o artigo que enviei sobre os efectos da saída de Castrillo. É de xustiza salientar que o balance do seu traballo (13 anos no concello) foi positivo, aínda que tamén non se pode negar que a súa saída era unha medida imprescindible (chega tarde) para iniciar o proceso de restauración da esperanza da maltreita esquerda viguesa, sometida aos “tapóns” do disenso e a rixidez que supoñían tanto a súa presenza como a de Bartleby Mariño.

A marcha de Castrillo non vai supoñer unha moción de censura, mais creo vai permitir que o BNG poida retomar a iniciativa perdida e acometer unha nova estratexia, seguramente máis vencellada á democracia cívica, consolidando, con tempo suficiente, o novo liderado municipal de Olveira.

O miolo do asunto está no que poida facer o PSdeG-PSOE diante deste xesto do Bloque, que semella pretende tender unha man dun entendemento municipal futuro en Vigo, ao tempo que visualizar a posibilidade real dunha alternativa progresista tras as eleccións autonómicas deste ano. Témome que o xesto será imperceptible ou irrelevante para Mariño, Blanco e Vázquez, persoas para as que unha Xunta coaligada sería un grave contratempo para os seus intereses. Unha cousa é o que se di e outra a que se fai.

Librarías galegas

É interesante a reportaxe sobre o futuro das librarías especializadas. O traballo de Couceiro e Andel polo libro galego-portugués é heroico.
2 comentarios
  1. arroaz (Tursiops truncatus)
    arroaz (Tursiops truncatus) Dice:

    Ola! En primeiro lugar, perdoa que te moleste. Andaba ollando o blog de facendoamigos, e vin un comentario teu. Picoume a curiosidade o nome de Brétemas… e cliquei enriba. Vin que tamén eras de Vigo. Queríache preguntar se me poderías explicar cómo podo engadir ligazóns no meu blog. Non coñezo a ninguén que mo poida explicar e eu non me levo moi ben con estas cousas da informática.
    Espero que non me mates por escribir isto… 🙁

Los comentarios están desactivados.