Entradas por bretemas

Extratexto

Esta semana acaba de nacer Extratexto, un blog dedicado á industria editorial e do libro en Portugal. Parecéronme interesantes os enlaces que propón e algún dos seus primeiros textos. Seguirémolo. Etiquetas: Edición, Blos, Portugal

Mauricio ou as eleccións primarias

Eduardo Mendoza é un dos poucos novelistas españois (xunto a Marsé, Landero e Mateo Díez) que sigo desde hai máis de vinte anos. Estes días lin de tres longas sentadas a súa última novela, unha obra notable que, porén, non acada a altura doutros seus textos maiores.Mendoza consegue que neste triángulo amoroso o lector simpatice […]

Lendo en abril 2006

A Consellaría de Educación está distribuíndo Lendo en abril 2006, unha revista en papel dirixida ao profesorado que se responsabiliza da dinamización das bibliotecas escolares. Como todas as iniciativas que promove a Asesoría de bibliotecas escolares os contidos son moi atractivos. En Galicia botábase en falta unha revista deste tipo.Non hai dúbida que neste eido […]

Máis sobre o pan durmido

O pasado ano con motivo da Pascua publiquei un textiño sobre o pan durmido. Desde a miña postura estritamente laica, esta homenaxe que facemos os galegos durante esta semana a este doce primeiro non debera pasar desapercibida; razón pola que semella moi oportuno neste abril dos libros a posta en marcha do programa Pan con […]

Premios Xerais 2006

O pasado venres pechouse a entrada de orixinais dos nosos Premios. Entre os tres certames concorreron máis de noventa obras, o que supón a máis alta participación da súa historia. Os quince membros dos xurados xa comezaron a lectura dos manuscritos. Terán a primeira reunión o venres, 2 de xuño, día no que decidirán as […]

Inundación

Levo dous días sen apenas poder postear por mor dunha inundación de augas sucias que tivemos na editorial. Sen alguén o dúbidaba: a auga e os libros lévanse moi mal. Sentímonos impotentes: non sabiamos como poder evitar unha catástrofe que ameazaba estragar o arquivo dos libros editados. Afortunadamente, despois de varios intentos, os especialistas en […]

Dominio .gal

Cómpre traballar por conseguir a concesión do dominio para a nosa lingua e para a nosa cultura. Etiquetas: Galicia, Internet

Ciber-romería

Beizóns, todos os meus parabéns! Semella que foi unha marabilla. Quen dubida que este país con xente nova tan aquelada ten un futuro luminoso? Etiquetas: Galicia, Internet

Campo do Fragoso XVIII

CONTRA UN MUROFernando Vázquez sabía que o Valencia do fachendoso Quique Sánchez Flores é o conxunto que posúe o maior rigor defensivo e a capacidade máis intensa de presión dos que participan no campionato. Para facerlle fronte a xogo tan difícil, o adestrador celeste reforzou, coa entrada de Iriney, o medio do campo, e procurou […]

Vigo e as bibliotecas

No artigo da semana abordo a cuestión do estado das bibliotecas en Vigo a raíz da negativa do Ministerio de Cultura de concerderlle a Vigo unha biblioteca de titularidade estatal.Foto da Biblioteca Central de Vigo (© J.Albertos) Etiquetas: Biblioteca, Vigo, Lectura, Artigos