Entradas por bretemas

Xohán Ledo: exposición de homenaxe

Inaugurouse hoxe no Museo de Castrelos a exposición de homenaxe ao editor Xohán Ledo. A magnífica exposición, preparada por Galaxia e a Consellaría de Culura, acompáñase cun ciclo de mesas redondas nas que se pretende facer unha completa revisión sobre a historia, estado actual e futuro do libro galego. Beizóns para os organizadores por tan […]

Literatura e mercado

Non puiden asistir á mesa redonda sobre “Literatura e mercado” do IV Simposio, moderada por Francisco Macías e na que participaron Inma López Silva, Xurxo Borrazás e Alfredo Ferreiro; grazas a crónica deste último podemos recuperar un intenso debate. Etiquetas: Literatura_mercado

Incoherencias

Atopo na caixa de correo un texto reenviado por unha boa amiga que pon en evidencia algunhas das incoherencias do sistema legal español sobre a cuestión dos dereitos de autor no ámbito dixital. Non son especialista en Dereito, razón pola que non acredito na veracidade das valoracións, aínda que supoño que algo de certo haberá […]

Decálogo da novela do século XXI

Vicente Verdú publica en Babelia un moi interesante artigo sobre o futuro da novela no século XXI. Baixo a fórmula do decálogo (esas listas tan empregadas na rede) Verdú actualiza as regras que no entorno da nova literacidade debe preservar a narración literaria.1. Resistirse a ser adaptada aos formatos audiovisuais.2. Insistir na calidade da súa […]

Ferrín retrata a Rosalía

O artigo “Pómulos famosos: pé de foto”, que hoxe publicou Méndez Ferrín, na súa sección “No fondo dos espellos” do suplemento El Sábado de Farode Vigo, sobre a famosa fotografía da familia Castro-Murguía de 1884 pasará á historia da nosa literatura. Unha alfaia do xornalismo literario memorable. Transcríboo (non se pode consultar directamente, aínda que […]

A visibilidade do libro galego

A mesa redonda sobre “A visibilidade do libro galego“, coordinada por Celia Torres e na que participaron Francisco Novo, Ramón Reboiras e Luís Ventoso foi das máis polémicas do Simposio. A crónica moi completa de Galicia hoxe expresa boa parte dos argumentos e das valoracións expresadas polos participantes. Unha peza que debe quedar arquivada no […]

Manuel Valente: editores de cultura ou de mercado

Manuel Valente, director literario de Ediçoes ASA, abriu a segunda xornada do IV Simposio cunha conferencia sobre “Editores de cultura fronte editores de mercado“. Comezou a súa intervención describindo o proceso actual de concentración das editoras portuguesas arredor de grandes grupos editoriais, “cambios que necesariamente van afectar ao traballo das editoras e aos seus programas […]

Fernando Valverde: o futuro da libraría independente

Tras a conferencia de Antonio Iturbe (mágoa, que non puiden asistir) e a mesa redonda sobre “Os libros máis vendidos“, o vigués Fernando Valverde, actual presidente de CEGAL, pronunciou unha magnífica conferencia sobre o futuro da libraría independente en España.Comezou Fernando a súa intervención proporcionando algúns datos claves sobre a edición en España, salientando tanto […]