Entradas por bretemas

Sala para o libro no Museo do Pobo Galego

Onte foi inaugurada a nova sala no Museo do Pobo Galego denominada “Da imprenta. Dos impresores e encadernadores. Do libro e a prensa” e subvencionada polo Xacobeo. A sala presenta os oficios de impresores e encadernadores e recolle o máis representativo da cultura letrada na historia de Galicia até o presente. A inauguración desta sala […]

Terceiro aniversario

Hoxe estas brétemas cumpren o seu terceiro aniversario. Dende aquela primeira anotación inocente e temerosa (paréceme agora) levamos publicadas outras 1.727 (590 noventa neste terceiro ano), un ritmo moi semellante aos dous anos anteriores. O blog medrou nas súas preocupacións temáticas, exploramos algúns camiños novos, aínda que no fundamental seguimos fieis ao interese pola lectura […]

"Diario de lecturas" de Alberto Manguel

Desque hai nove anos lin Una historia de la lectura son adicto á prosa erudita de Alberto Manguel. Os libros deste arxentino políglota, cidadán canadiano e escritor inglés residente en Francia, especialmente os que aparecen baixo o rótulo de ensaio, constitúen sempre un convite a gozar e compartir as súas mellores lecturas. Manguel nunca me […]

Mensaxes 2008

Como xa é adoito recibín no móbil moitas mensaxes ventureiras para arroupar este 2008. Aí van os textos dunhas cantas: “Matámonos a comprar, padecemos ás familias, temos que ser enxeñosos coas sms… E sobrevivimos. Quen di que o Nadal non é máxico!” “Os deuses nunca abandonan aos vellos woodystas. Que teñamos un ano tranquilo.” “Abenzoados […]

Finou Xaime Quessada

O pasamento do pintor e escritor Xaime Quessada entristece este fin de ano. Un dos máis importantes artistas galegos de sempre, o máis picassiano da xeración dos “artistiñas” ourensáns do Volter –un creador xenial, culto, xeneroso, combativo e desmesurado– Xaime abordou todas as linguaxes da pintura contemporánea, dende o realismo máxico inicial até a expresión […]

A edición en galego

La Voz de Galicia publica hoxe unha interesante entrevista con Alfonso García Sanmartín, presidente da AGE, sobre o estado da edición en Galicia e sobre as tendencias de futuro. Etiquetas: Edición_en_galego