Entradas por bretemas

Exercer a cidadanía

O debate de onte (adianto que para min Zapatero estivo mellor ca Rajoy) e o que se anuncia para mañán (clave para centralo sobre a axenda política galega) esixen recuperar o concepto do que é exercicio da cidadanía. Moito máis alá da consideración de cada un dos cidadáns e cidadás como espectadores dun espectáculo mediático […]

Calendario das Letras

Hoxe recibín un exemplar do Calendario das Letras 2008, unha moi boa iniciativa da Consellaría de Cultura e Deporte, que desenvolve dende o pasado ano unha medida prevista na lei do libro e do plan de lectura coa que se pretende situar o mundo da lectura no primeiro plano da vida social de Galicia.A proposta […]

Fidel Castro dedica un exemplar a García Crego

Hoxe coñecimos que Fidel Castro dedicou un exemplar do libro editado por Xerais a Xosé M. García Crego, o tradutor da obra e director de edicións da editorial. Transcribo a noticia publicada hoxe en Granma: “Emoción es la palabra que mejor describe lo sentido por el traductor gallego Xosé García Crego, al recibir de manos […]

Todos con Laxeiro

Onte acudimos ao chamado do escritor Carlos Reigosa e do pintor Antón Lamazares para asistir aos actos da homenaxe a Laxeiro en Lalín con motivo do centenario do seu nacemento. Sen dúbida, a xornada foi un éxito para os organizadores, xa que conseguiron unha completa presenza institucional de todas as administracións e dos tres partidos […]

A cruzada de Galicia Bilingüe

Temos que agradecer a Bernal Rúa a completa crónica, que publica hoxe en Vieiros, sobre a conferencia de Galicia Bilingüe (GB) no Centro Cultural Caixanova de Vigo que congregou a medio milleiro de “galegófobos” ou “hispanófilos” –entre os que se atopaba a candidata ao Senado Corina Porro e outros militantes do PP de Vigo– chamados […]

"Fidel Castro. A miña vida", presentación na Habana

Mañá preséntase na Feira Internacional do Libro da Habana Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet. Xosé García Crego, o tradutor da obra e director de edicións de Xerais representará á editorial nun acto moi significativo para a historia da nosa editora. Actualización (17:30 horas): Fran Alonso publica a súa crónica do que […]

Se eu fora presidente: tres primeiras medidas

Un xornalista de Faro de Vigo, preparando unha reportaxe para o primeiro día de campaña, pregúntame por teléfono sobre cáles serían as tres primeiras medidas que eu tomaría se fose presidente do Goberno (non quero nin imaxinalo!). Sen pensalo moito contestei o que segue: Declarar 2009 como Ano da Lectura. Presentar no Congreso do deputados […]