Entradas por bretemas

Os mellores libros do 2007

Fervenzas literarias –unha revista electrónica que seguimos con moito interese, polo seu grande labor de divulgación da nosa actualidade editorial literaria– deu a coñecer a lista dos mellores libros de 2007, confeccionada polos seus lectores. Quedamos moi agradecidos polos recoñecementos que nos tocan. Etiquetas: Fervenzas_literarias

Outro cambio é posible

O éxito evidente da manifestación de onte debería obrigar a reflexionar aos partidos do actual Goberno Galego (e aos sindicatos maioritarios) sobre cal é a súa deriva no que respecta á política medioambiental, industrial, forestal e de ordenación do territorio que defenden para o país. A presenza na manifestación de numerosas bandeiras galegas (sen a […]

Campo do Fragoso LIV

VITORIA EMBARULLADAUn Celta sen alma pasou moi serias dificultades para superar ao colista, o Poli Exido que dirixe Fernando Santos, a quen en Balaídos lembramos como “o home tranquilo”. Nunha das peores primeiras partes que lle recordamos (e xa é dicir nun campionato tan anémico coma este), o Celta de López Caro amosou no seu […]

Historias de Vigo

No artigo da semana fago un repaso polas obras claves da historiografía viguesa anterior a 1960, propoñendo a edición da Historia de la ciudad de Vigo de Avelino Rodríguez Elías, que permanece aínda inédita, a pesar de que o seu manuscrito está “custodiado” polo concello de Vigo dende hai anos. Etiquetas: Historia_Vigo

"A venus de cristal", presentación

Onte presentamos na Coruña A venus de cristal, a segunda novela de Chelo Suárez. O acto foi concurridísimo, máis dun centenar de persoas, e confirmou a miña intuición de que esta novela vai constituír unha das sorpresas deste ano literario recén comezado. Foi presentada pola escritora Begoña Paz (da que publicaremos proximamente As mellores intencións, […]

Gañadoras do Iº Premio de Micronovela de Soutomaior

Hoxe dimos a coñecer o fallo do Iº premio de Micronovela organizado polo concello de Soutomaior. Entre as corenta e oito noveliñas presentadas (máis de dous mil cincocentos folios), os tres membros do xurado escollemos como gañadora “Diario do efecto bolboreta” de Andrea Maceiras Lafuente, xove narradora de Cambre, estudante de 3º de Filoloxía da […]

Moi axeitado este anuncio de promoción da lectura rescatado por Espazo de lectura (magnífico blog!)Via Cabrafanada.

Sendeiro rural de Galicia

Paco Armada acaba de abrir un blog dedicado ao GR.94, o sendeiro rural de Galicia, homologado pola Federación Galega de Montañismo. Seguindo este vieiro para camiñantes, perfectamente sinalizado, pódese chegar de Vigo a Compostela sen pisar o asfalto. Recomendo a visita a este novo espazo web, onde Armada pretende ir informando sobre os contidos do […]