Web 2.0 no CFR de Ferrol
Mañá pola tarde estaremos no IES Sofía de Casanova de Ferrol participando no ciclo «A Wed 2.0, o triunfo da interactividade», organizado polo Centro de Formación e Recursos.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6807 entries already.
Mañá pola tarde estaremos no IES Sofía de Casanova de Ferrol participando no ciclo «A Wed 2.0, o triunfo da interactividade», organizado polo Centro de Formación e Recursos.
Foto J. de Arcos No artigo da semana animo a participar na Homenaxe Nacional a X. L. Méndez Ferrín que se celebrará en Vigo o vindeiro venres, 6 de febreiro, a partir das oito da tarde no Auditorio do Centro Social Caixanova. Faro de Vigo publica, tamén, unha longa conversa de Fernando Franco con Ferrín. […]
Un vídeoclip moi curriño do cantante israelita Oren Lavie. Vía: Manolo Gago e Ronseis.
Foto: Alicia Serantes Moito agradecemos a sensibilidade dos responsables d’ A Nosa Terra que lembraron a Suso Jares no Día Escolar Pola Paz. O precioso e potente artigo da súa compañeira Paz Raña Lama e a oportuna lembranza de Antonio García Teixeiro emocionáronos moito.Onte, tamén lembraron a Suso en Viana do Bolo, a súa vila […]
Teresa Cuíña fíxome esta entrevista que aparece publicada hoxe nas páxinas de «Luzes» de El País Galicia. A fotografía é de Lalo Villar. Grazas aos dous polo seu agarimo e magnífico traballo.
Hoxe é o Día Escolar pola Paz. Mais para nós será, ademais, un día de saudades.
[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes.]
«El busca mi voto, yo le busco a él» Ten vinte e tres anos e vive en Lugo. Vía Galicia Confidencial
Alessandro Martins recompilou vinte e unha listas para aproimorar a lectura e a escritura que veu publicando no seu blog ao longo dos últimos anos. A pesar de que teñen un interese desigual, hai algunhas magníficas e útiles para ser empregadas na animación bibliotecaria. Eis o caso dalgunhas das listas sobre a animación da lectura: […]
Unha ampla maioría dos membros do Tribunal Supremo rexeitaron o «dereito a obxectar» a materia de Educación para a Cidadanía da ESO. Unha noticia, que aplaudimos xa que pon remate a unha falsa e interesada polémica educativa animada de forma meduliana durante os dous últimos anos polo Partido Popular e pola Conferencia Episcopal. Este suposto […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
