Entradas por bretemas

Salvados por Iago Aspas!

A verdade é que ten razón un bo amigo deportivista que me escribiu esta mañá para dicirme  que a vitoria do Celta amosa que son un «gafe». E quizais non lle falte razón. Onte non puiden sufrir no estadio, xa que o encontro coincidiu xustamente co desenvolvemento da emocionante cerimonia dos nosos premios. Con todo, […]

Lémolo todo

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/OyB5HthzUh4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Anuncios como este de Booklist On line (a verdade que o eslogan é pouco afortunado), un servizo da asociación americana de bibliotecarios, son os que precisamos para fomentar o emprego do galego (e, tamén, a lectura, claro está). Vía Librosfera (gracias).

Rosa Aneiros e Jacobo Fernández Serrano, premios Xerais 2009

Despois da súa última deliberación, o xurado da XXIVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema “Papude” que, despois de aberta a plica, resultou ser de Jacobo Fernández Serrano e corresponde ao título Mil cousas poden pasar. Libro I. Pola súa banda o xurado […]

«A caixa negra»

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/dKSSe-NRN9E” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Esta é a primeira parte  (1/6) d’ A caixa negra, o documental non emitido pola TVG. O resto pode verse dende aquí. Cando semellaba que isto xa debería estar superado, volvemos a enganchar na rede os vídeos prohibidos. Hoxe distribuír na rede A caixa negra é reclamar a liberdade […]

Beizóns, Xurxo!

Tras catro anos de traballo entusiasta á fronte da subdirección de programas, Xurxo Souto saíu da Radio Galega coa elegancia arroutada e idéntica paixón coa que realizou o seu primeiro saúdo en antena. Atrás queda o seu pulo e esforzo por modernizar e achegar a radio pública en galego (esa “rareza” no dial que debemos […]

Móbiles en galego

Cando mudei hoxe de móbil levei unha sorpresa moi agradable: o meu Nokia utiliza o galego como a súa lingua vehicular. Unha gozada! Nestes tempos de tan malas novas para o futuro do idioma, quedei contento coma un cuco. Vencellar o emprego da lingua cos novos trebellos tecnolóxicos continúa sendo unha das estratexias principais para […]

Chopos de Coia

No artigo da semana da edición impresa de Faro de Vigo reflexiono sobre a delirante pretensión da concellaría de Parques e Xardíns de cortar os catro centos cincuenta chopos da avenida Castelao. Afortundamente, semella que só foi un tasacordo e a concelleira «renuncia a facelo». Como o artigo non foi publicado na edición electrónica do […]

Finalistas dos Premios Xerais 2009

Reunido, hoxe 29 de maio, no castelo de Soutomaior, o xurado da XXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que participaron corenta e cinco obras,  formado por Ana Bande Bande (bibliotecaria), César Lorenzo Gil (xornalista), Paz Raña Lama (profesora), Sonia Díaz (xornalista), Bieito Legaspi (profesor e membro de Espazo […]