The library
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/jpsRma-pC2o” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Este vídeo sobre a biblioteca non podiamos deixar de publicalo aquí. Grazas a Trafegando ronseis.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6817 entries already.
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/jpsRma-pC2o” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Este vídeo sobre a biblioteca non podiamos deixar de publicalo aquí. Grazas a Trafegando ronseis.
SAMPARKOUR from Wiland Pinsdorf on Vimeo. Das grandes cidades do mundo (esas megametrópoles imposibles) que teño visitado ningunha me interrogou máis sobre as posibilidades de chegar ao colapso do desenvolvemento urbano ca São Paulo. Quedei coa impresión de que esta é unha cidade esaxerada en case todo, mesmo na beleza extraordinaria que podes atopar de […]
No artigo da semana recomendo de forma entusiasta Alborada do Brasil, o novo disco do meu admirado Carlos Núñez. Afectivamente síntome moi vencellado a este proxecto que superou as miñas maiores expectativas. Un dos mellores discos de Carlos Núñez. Unha marabilla! (Mágoa que non dera atopado aínda nada na rede para escoitar). Contando cunha novidade […]
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Z57J88m0_MU” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Tras o impacto que nos provocou o vídeo da conferencia do profesor Juan Carlos Moreno Cabrera sobre o nacionalismo lingüístico español, nesta outra peza de 36 minutos, preparada como a anterior pola UOC, o director dels Estudis de Llengües i cultures, Joan Pujar, entrevista ao linguista madrileño. Moreno aborda […]
Os amigos d’ A Nosa Terra pedíronme un perfil de Roberto Varela Fariña, o conselleiro de Cultura e Turismo. Foto: Víctor Mejuto. La Voz de Galicia.
Hoxe puxemos en marcha a iniciativa de civilidade para a lingua de todos. Aquí pode lerse o texto do manifesto que estamos promovendo. Algúns medios como Vieiros xa informan dunha iniciativa que está correndo a unha velocidade tremenda. Grazas a todos e todas por darlle visibilidade.
A presentación de onte de Pirata, a terceira novela de María Reimóndez (tras o éxito rotundo d’ O club da calceta), foi unha marabilla. Durante media hora, María e Xabier Díaz entrelazaron a lectura de fragmentos da obra con cancións populares nas que arrecendía a euforia da maruxía. Un dúo orixinalísimo e memorable. Acerta Reimóndez cando […]
Entrevista a Roberto Varela. Parte 2 from Balor on Vimeo. Segunda parte da entrevista realizada a Roberto Varela Fariña, no mes de decembro de 2007, por Isaac Cordal, Roi Fernández e Berio Molina para un documental sobre creación contemporánea. Moi interesante.
No artigo da semana reflexiono sobre as posibilidades da «idea urbanística» preparada por Rafael Moneo para o Campo de Granada.
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Mf3tRK1e0RM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Ben sabemos que Deolinda é unha marabilla. Este «Clandestino» (unha das miñas cancións preferidas) é apenas a miña pequena homenaxe para os lectores e lectoras que pasaron esta noite na biblioteca. Os membros de Espazo Lectura son os clandestinos da esperanza. Beizóns!

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
