Entradas por bretemas

Onte 37: Galician Classics

Na derradeira hora deste Frankfurt 2011, xa a piques de coller o avión,  participamos no acto da presentación da colección «Galician Classics», que promove a editorial Small Stations Press e a Consellaría de Cultura e Turismo. Creo que este proxecto, promovido polo tradutor e editor Jonathan Dunne, é un das máis eficaces achegas para facer […]

Onte 36: Frankfurt, algunhas tendencias do hall 8

A pesar do escaso tempo do que dispoñemos, a visita ao hall 8 é obrigada. Os interminables corredores onde se presenta a edición de fala inglesa son o máis concorrido da feira, no que se refire a visitantes profesionais. A oferta dos editores do Reino Unido, Irlanda, Estados Unidos, Canadá, Australia, Israel e outros non […]

Onte 35; Frankfurt 20 en Islandia

Hai vinte anos. Aquel meu primeiro Frankfurt quedou vencellado con A cidade dos césares, a novela que lin na cidade alemá, en orixinal, e comentei en longas camiñadas con Víctor. Dende entón, volvín á feira en máis dunha ducia de ocasións e nunca vin tan poucos participantes polos corredores coma onte. Xa ninguén pode negar […]

Estudo de Comercio Interior do Libro en Galicia 2010

O estudo de Comercio Interior do Libro en Galicia 2010, confeccionado cos datos achegados por unha mostra de 28 das 45 empresas pertencentes á Asociación Galega de Editores, ofrece unha panorámica completa do sector no pasado ano. Na nosa opinión, tres son os datos máis significativos ofrecidos: o emprego no sector diminuíu un 20% de […]

Onte 34: O valor da memoria

Aproveitei as horas de viaxe a Frankfurt, no servizo de Air France, para avanzar na lectura dun relato autobiográfico moi interesante, do que debo gardar discreción. Engaioloume tanto a lectura do orixinal e tomei tantas notas, que nin sequera me anoxei cando agardarmos durante case dúas horas dentro do avión a saída da conexión que […]

Onte 33: DNI

Cando fun renovar o DNI, comprobei o moito que mellorou a atención ao cidadán por parte dalgúns servizos da Administración do Estado. Apenas agardei dous minutos máis da hora fixada na cita previa, que a semana pasada escollera en Internet. Fun atendido en galego sen telo solicitado, abondou un lacónico «Bos días», tanto por parte […]

Onte 32: Ramiro Fonte

O traballo atrasado impediume viaxar a Pontedeume e sumarme á homenaxe dos amigos a Ramiro Fonte. Sentino ben, mais debo asumir que non son un atlas que pode con todo e que debo poñer límites o meu entusiasmo. Tras tres anos do seu pasamento a pegada do agarimo de Ramiro na memoria nosa mantense intacta. […]