Entradas por bretemas

Onte 691: Gran presentación de Mercedes Queixas

Na segunda xornada da Feira do Libro da Coruña, encantoume a presentación que Mercedes Queixas fixo da biografía de Celso Emilio Ferreiro que escribiu Ramón Nicolás. Unha lectura e relectura interesantísima, que nos descubriu novidades neste libro multipremiado que levamos presentado xa en numerosas ocasións ao longo do último ano. Comezou Queixas salientando que «no […]

Onte 689: Cerco na ría

Saíndo a camiñar ao solpor polo paseo do recheo de Bouzas é unha fortuna demorarse na contemplación da manobra do cerco. Ao pé do enorme aparcadoiro de Citröen media ducia de embarcacións artesanais manteñen o vello oficio de cercar devagariño o cardume. Unha pequena marabilla do cotián que gozamos en xornada de moito balbordo.

Onte 688: Católico e romano

A pesar de transcorridas máis de tres décadas da aprobación da Constitución, que declara o carácter aconfesional do estado, a liturxia da Igrexa e as palabras do arcebispo foron as que a Xunta de Galicia e o Goberno de España escolleron para render a primeira homenaxe oficial á memoria das vítimas de Angrois, excluíndo a […]

Onte 687: O valor das bibliotecas

As declaracións de María del Carmen Castellano Rodríguez, alcaldesa de Telde, nas que aseguraba que as bibliotecas do seu concello, nas que traballan catorce persoas, non daban cartos evidencian o escaso valor que algúns políticos conceden aos servizos públicos de lectura. Non hai dúbida que se na xestión das bibliotecas públicas se utilizasen só os […]

Onte 686: Debut nas Antas

O Celta de Luis Enrique non estivo só no seu debut no fermoso estadio das Antas, o pequeno Wembley do Douro. Máis dun milleiro de celtistas acompañámolo na pelexa cos dragóns no día da festa do seu cento vinte aniversario. Foi emocionante o minuto de silencio en homenaxe ás vítimas de Angrois, cunha grande bandeira […]

Onte 685: Lamentable espectáculo de Tele 5 e La Sexta

Tal como agoirabamos, as cadeas privadas estatais transformaron onte a desgraza de Angrois, que esqueceran o mércores, en lamentable espectáculo televisivo de fin de semana. Todo pola audiencia! Nin sequera as intervencións tan atinadas de Antón Losada e Xaime López no «Gran debate» evitaron o desacougo que me produciu o enfoque grandilocuente do programa de Tele […]

Onte 684: Feira do Libro en Rianxo

Recollemos o fío do traballo e viaxamos a Rianxo para participar nos actos da Feira do Libro instalada na praza do concello. Tras a desgraza tan grande de Angrois, que truncou a vida de dúas persoas veciñas de Asados, a programación prevista entre Noite Aberta de Rianxo e a Feira do Libro quedou reducida aos […]

Onte 683: Desgraza

O sucedido en Angrois amosa que o horror forma parte das nosas vidas. A pesar de que cremos ser conscientes desta finitude, a desgraza das vítimas do tren colleunos a contrapé, instalados na aparente comodidade das nosas rotinas. Enfrontándonos a hemorraxia de dor, que intuimos en cada unha das familias rotas pola traxedia, non podemos […]