Entradas por bretemas

Onte 1571: Reivindicación dos mestres de Pedro Feijoo

No discurso de aceptación do premio San Clemente, que recibiu por segunda ocasión, o escritor Pedro Feijoo reivindicou o papel esencial dos mestres. Nun acto no que tamén recolleron cadanseu premio Javier Cercas e Colm Tóibín, o autor d’ A memoria da choiva gabou a Suso de Toro («sempre un verdadeiro profesor para min») de quen, confesou, […]

Poema de hoxe 34: «Cronos no Casco Vello» de Ramiro Fonte

Un poema contén unha mirada Debe escoller moi ben ese lugar Desde o cal nós poidamos observar A vida, anque só sexa de pasada Ramiro Fonte, A rocha dos proscritos (Xerais, 2005)

Poema de hoxe 33: «A candeloria» de Luís Amado Carballo

Na catedral do abrente hoxe casan os paxaros, con nubes de neve e ouro está o ceo galanado Luís Amado Carballo, Proel (1924)

Poema de hoxe 32: «Sinto» de María Mariño

Teño forza que non chega a min de certo a alentar… María Mariño, Palabra no tempo (1963)

Onte 1569: Tempo de Entroido

Cun cocido de fraternidade e coas primeiras orellas abrimos esta fin de semana o tempo de Entroido. Foron sempre estes días de fartura, no caso noso, só larpeiros, tempo da miña preferencia, sobre todo cando traballaba na escola, xa que é cando mellor podiamos explorar os límites do xogo e teatralizar a actividade educativa. No entanto, […]

Onte 1568: Día da ilustración

Celebrouse onte nas bibliotecas «O día da ilustración». Unha data incluída no calendario galego do libro e da lectura, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao, coa intención de salientar «a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración». Unha efeméride […]

Poema de hoxe 31: «Pomba de auga xeada» de Marica Campo

Sobre os ósos dos mortos escribo: Nunca máis a guerra! Nunca máis a guerra! Non pregunto se a cinza ten eco. Marica Campo, Literatura galega pola paz (Xerais 2008)

Onte 1567: «Mia madre»

Nanni Moretti lembra o pasamento da súa nai en Mia madre, outro filme interesante sobre a perda e o proceso de duelo. Encarnado no personaxe da magnífica Margherita Buy, unha directora de cinema comprometido, Moretti esculca no territorio difícil da identidade familiar, mais tamén dos medos contemporáneos (tan agochados) e do peso dos afectos nos […]