Sorprende o pulo do San Brais de Bembrive, a festa coa que comeza o ciclo de romaxes viguesas. Como non deixa de abraiarme a importancia que lle conceden os políticos vigueses a esta celebración do Vigo popular con raíces fondas na cultura agrícola xa desaparecida do Val do Fragoso. Xaora. o san Brais actual é o reino do furancho (onte 37), sendo o cocido e as orellas os pratos preferidos polos xoldreiros, onde segundo informacións fiables, predominaron os xoves xubilados. Prométome cada san Brais que o próximo collerei o día para gozar por vez primeira de romaxe de tanta sona. Quedará para o ano!

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é editor e mestre. Na actualidade, profesor do CEIP Lope de Vega de Vigo, foi Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia S.A., dende o mes de xaneiro de 1994 ao de abril de 2018, empresa na que traballou dende 1990.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir