Entradas por bretemas

Campo do Fragoso CLXXIV

FAIR PLAY O sucedido no Camp Nou na noite do pasado domingo amosa a precariedade actual do concepto de “fair play”, ou “xogo limpo”, no fútbol profesional, espectáculo de masas e peza clave das programacións audiovisuais e das empresas de apostas. Ninguén vai quitar mérito ningún a actuación de Lionel Messi, capaz de noquear soíño […]

Poema de hoxe 47: Xavier Seoane, «Umbral de vida»

consólame, cónsolame na terra non agardo outro reino Xavier Seoane, Umbral de vida (Esquío, 1996)

Onte 1584: Linguas cooficiais

Dentro do programa de goberno que o grupo parlamentario de Podemos presentou onte, ao que puiden botar unha ollada en vertical, reparei no apartado 5.2.12 referido á «Protección da riqueza cultural e lingüistica do Estado». Un texto interesante no que por vez primeira, dende os tempos da Reforma Política, se propón que o castelán, o catalán, […]

Poema de hoxe 46: Pilar Pallarés, «Livro das devoracións»

arxilas da memoria todo e nada espellismos de sal que a tarde inventa Pilar Pallarés, Livro das devoracións (Espiral Maior, 1996)

Onte 1583: «Spotlight»

Spotlight, a película con seis nominacións nos Oscar de Thomas McCarthy, é unha lección de xornalismo necesario. Baseada en feitos reais, reconstrúe o proceso que levou a Spotlight, un equipo de investigación de catro xornalistas de The Boston Globe, a desvelar en 2002 os casos de pederastia de varios centos de sacerdotes da Igrexa Católica e […]

Poema de hoxe 45: Víctor Campio, «Pido un exilio digno»

Pido acougo de amor na miña última patria. Víctor Campio Pereira, Exilio digno (2006)

Onte 1582: «Cara ao leste» de Antía Nara

Volvín sobre Cara ao leste de Antía Nara, que chega estes días ás librarías. Unha novela que aventuro será unha das sorpresas da tempada, confirmando a esta investigadora residente en Berlín, que debutara con Aquel lugar (Xerais, 2007), como unha das nosas narradoras máis orixinais. Ao longo da xornada do velorio da tía Isolina coinciden a súa […]

Onte 1581: «O dobrón de a oito» de Alberto Fontes

Presentamos onte no Ateneo de Pontevedra O dobrón de a oito de Alberto Fortes. Confesou o autor pontevedrés que escribira «a novela que me gustaría ler: de aventuras, de iniciación, que transcorrera na Galicia do século XVIII, que eu imaxinara tras a lectura de moita documentación onde se pode ver a Galicia daquel tempo polo miúdo». […]

Poema de hoxe 44: Vicente Araguas, «Xuvia revisitada»

Sosteño que as chorimas son flores melancólicas e que o licor do toxo nidifica no pranto Vicente Araguas, Xuvia revisitada (Esquio, 2008)