Entradas por bretemas

Onte 1690: Deleite Galego

Entre as últimas boas novas que se produciron no país, unha moi destacada foi o regreso aos supermercados da marca Deleite Galego da man da sociedade Leite Noso formada por trinta gandeiros das provincias da Coruña e Lugo. O feito de que sexan os propios produtores os que asumen a comercialización e, no futuro próximo, a […]

Onte 1689: Xerais Básicos Ciencia

Entre os lanzamentos de Xerais desta primavera destaca Historia do ADN. 40 anos de revolución biotecnolóxica de Daniel Soutullo, coa que abrimos Xerais Básicos Ciencia, unha colección de divulgación científica en galego dirixida por Miguel Vázquerz Freire. Unha serie concibida para dirixirse a un público amplo e curioso, non especializado en temas científicos, así como para servir de […]

Poema de hoxe 152: «A espiral do silencio» de María do Cebreiro

Soño unha cidade na que os pasos axuden a caber, a sermos máis. María do Cebreiro, «A espiral do silencio» (2002)

Onte 1688: «A comercialización da saúde»

Había tempo que non lía un libro denuncia tan impactante como o coordinado por Pablo Vaamonde A comercialización da saúde. O hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa (Laiovento, 2016). Unha compilación de traballos e argumentos que desvelan a estratexia privatizadora da sanidade do PP e o protagonismo de Alberto Núñez Feijoo nesta operación na que se […]

Poema de hoxe 151:«Never more» de Xela Arias

Atónita. Fonte indómita. De cara ó noxo pon prezo en castigo á patética esperanza Xela Arias, «Never more» (2003)

Poema de hoxe 150: «Cantigas de alén» de José Ángel Valente

Alongarme somente foi o xeito de ficar para sempre José Angel Valente, Cantigas de alén (Ediciós do Castro, 1981)

Onte 1687: A esperanza de Xocas

Aledeime da vitoria de Xoaquín Fernández Leicega nas primarias do PSdeG-PSOE á liderar a súa candidatura nas Autonómicas do Outono. Un resultado que evita o suicidio do partido en Galicia e despraza ás marxes da política autonómica galega á vella garda dos Caballero, Romeu e Barcón defensores dunha imposible estratexia supremacista. Desque hai un días falei con […]

Poema de hoxe 149: «Madrid» de Manuel Rivas

Non lanzarei un puñado da miña terra contra ningúen. Manuel Rivas, Costa da Morte Blues (Xerais, 1995)

Onte 1686: Xurados dos Xerais

Foi onte un día ilusionante no que celebramos o xantar cos membros dos tres xurados dos Premios Xerais e as reunións nas que se escolleron as obras finalistas. Nesta triséxima terceira edición profundizamos no modelo de participación do lectorado nos premios, iniciado o pasado ano, ampliando o número de membros reclutados na convocatoria aberta que fixemos […]