Entradas por bretemas

Poema de hoxe 183: «Cantiga nova que se chama riveira» de Álvaro Cunqueiro

Toda a casa estaba chea de espellos para soñar, ai amante! Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Riveira (1933)

Onte 1715: «Tópicos sobre a lingua galega» de Suso Fernández Acevedo

Na Feira do Libro de Ribadeo fíxenme cun exemplar de balde de Tópicos sobre a lingua galega, un caderno do profesor Suso Fernández Azevedo sobre prexuízos lingüísticos publicado polo Concello de Ribadeo. Nacida nos textos que Suso foi publicando no blog El toupo que fuza, esta valiosa peza sociolingüistica  pretende achegar argumentos que fagan fronte ás lerias (prexuízos e […]

Poema de hoxe 182: «Isto é a poesía» de Berta Dávila

Isto é a poesía: suxeitar a beleza talvez para exhibila prendida de alfinetes sobre papel de inventario. Berta Dávila, Raíz da fenda (Xerais, 2013)

Onte 1714: Días de feiras

Coincidindo co inicio do mes de xullo participamos nas Feiras do Libro de Vigo e de Ribadeo, dúas iniciativas para reconquistar o espazo público para os libros e a lectura. O venres acompañei a Ledicia Costas e a Pedro Feijoo nas súas presentacións en Ribadeo, onde Antonio Reigosa fixo un pregón memorable e onde María […]

Poema de hoxe 181: «O mar creador» de Xosé Otero Canto

O mar leva sempre ciceis de auga porque o mar é creador. Lambe, acaroa e busca as rochas para dar forma coas súas linguas de aceiro. Xosé Otero Canto, As Catedrais, portas do misterio (Concello de Ribadeo, 2016)

Poema de hoxe 180: “As estatuas” de Mario Regueira

Ese orgullo é outra insignia gardada por rutina. Mario Regueira, O silencio (Xerais, 2012)

Onte 1713: A importancia dos detalles

Manel Loureiro presentou onte As horas roubadas de María Solar na Libraría Paz de Pontevedra. O escritor pontevedrés, cuxas novelas están publicadas en trinta países, confesou que moito gozara lendo nunha “novela que coida moito os detalles, esas cuestións que dan cor ás narracións e son capaces de atrapar ao lector”. O autor de Fulgor […]

Poema de hoxe 179: “Relato” de Ramiro Fonte

Unha casa de infancia morre ao chegar a primavera. Ramiro Fonte, Pasa un segredo (Xerais, 1989)

Onte 1712: “Contos e lendas arraianos” de Rodríguez Cruz

Presentamos onte no Ateneo Santa Cecilia de Marín Contos e lendas arraianos, a compilación de literatura de tradicional oral que José Rodríguez Cruz foi preparando dende hai máis de catro décadas. Na liña de textos clásicos como Contos vianeses do seu mestre Laureano Prieto ou dos Contos populares da provincia de Lugo, o investigador da Gudiña recolleu […]