Entradas por bretemas

Poema de hoxe 187: “A partida” de Xavier Rodríguez Baixeras

Parto, canso, na borra do solpor, beira dun mar que está calmo de máis e desangrado por espiñas de peixes abafados Xavier Rodríguez Baixeras, A gándara da noite (Xerais, 1987)

Onte 1719: “Horizonte de sucesos” de Anxo Fariña na Feira de Vigo

Completamos no serán de onte as presentacións de Xerais desta exitosa edición da Feira do Libro na Porta do Sol coa de Horizonte de sucesos, a novela de Anxo Fariña. Unha novela de fronteira na que o contador de histoiras vigués, narrador e ilustrador, explora os límites da ficción, do onírico e do real. Unha novela […]

Pola paz e o retorno das tropas

Ao fío da polémica sobre o informe Chilcot, recupero para o arquivo do blog o texto da intervención que lin o 20 de marzo de 2004 na Porta do Sol tras a manifestación «Pola Paz e o retorno das tropas». Tras vinte anos o texto non perdeu interese. Hoxe, 20 de marzo, cúmprese un ano da invasión de […]

Poema de hoxe 186: “Cometa” de Xosé María Álvarez Blázquez

Botar unha cometa era guindar os soños todos pola fiestra. Xosé María Álvarez Blázquez, Canle segredo (1954, 1976)

Onte 1718: Compartir Culturgal 2016

Na Casa da Luz da praza da Verdura anunciamos onte a celebración de Culturgal 2016 os días 2, 3 e 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e presentamos o cartel preparado por NUMAX baixo o lema “Cultura, Comunidade, Futuro”. Novena edición de Culturgal, na que os organizadores pretendemos profundizar no modelo transversal de corresponsabilidade […]

Onte 1717: “Galería de saldos” de Diego Giráldez, presentación en Vigo

Outro serán excelente o de onte na Feira do Libro de Vigo instalada na Porta do Sol. A escritora Ledicia Costas asinou durante máis dunha hora nunha sesión de alicientes extraordinaria. O editor Fran Alonso e a actriz Deborah Vukusic presentaron Galería de saldos, magnífico libro de relatos co que debuta Diego Giráldez. Antes de ler […]

Cara ás Galegas

No artigo da semana en Faro de Vigo valoro os resultados das pasadas Xerais e reflexiono sobre as perspectivas das vindeiras Galegas de outubro: Tras o resultado das Xerais do pasado 26 de xuño, abriuse a posibilidade dunha terceira maioría para Alberto Núñez Feijoo nas Galegas do vindeiro outono. A clara vitoria do Partido Popular […]

Poema de hoxe 185: «Chove» de Álvaro Cunqueiro (1958)

Se tódolos poetas do mundo nos esquecéramos da chuvia, quizabes deixase de chover. O mesmo pasaría coa guerra. Quizabes. Álvaro Cunqueiro, Outros poemas (Galaxia 2011)

Onte 1716: “A dúbida” de María Reimóndez, presentación na Porta do Sol

Moi interesante resultou a presentación que onte fixemos na Feria do Libro de Vigo d´A dúbida de María Reimóndez, a novela gañadora do Premio La Voz de Galicia 2014. A psicóloga Gema Zunzunegui realizou unha certeira lectura dunha novela de intriga sobre os abusos sexuais a menores achegando datos sobre un fenómeno que se agocha […]

Poema de hoxe 184: «Os oficios de Bran» de Álvaro Cunqueiro

Deixaban o país onde anoitece polo país onde amence. Álvaro Cunqueiro, Herba de aquí e acolá (1980)