Entradas por bretemas

Trasacordo na Área Metropolitana

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao novo conflito arredor da creación da Área Metropolitana de Vigo. Temos apelado en diversas ocasións á institución tan galega como a do “trasacordo”, estudada por Marcial Gondar, para tratar de entender decisións políticas que, aparentemente, non teñen xustificación racional ningunha. Se consultamos o Dicionario Xerais […]

Acharemos un día máis brillante

Foi este 2016 un ano difícil, no que choramos aos nosos admirados Agustín e Fermín, dous mestres na vida e na causa galega. Xaora, non perdemos os bos costumes e celebramos o serán de San Silvestre cun tema de Oasis. Escollín este ano un clásico dos de Manchester, «Some Might Say», o primeiro sinxelo de (What’s […]

Onte 1804: «Irmandade» palabra do ano 2016

O portal das palabras escolleu «irmandade» como a palabra do ano 2016. Unha iniciativa que converte unha palabra galega (en 2015 «refuxiado», en 2014 «corrupción») en símbolo compartido, resume de afáns, preocupacións e vidas ao longo de todo un ano. Palabra, nesta caso, que expresa tanto o afecto compartido como a asociación de persoas con […]

Onte 1803: A semente de Bibiano

Que tristeza tan grande a do pasamento do noso admirado Bibiano, o mestre da ledicia permanente, posuidor dunha ollada esperanza e unha vontade entusiasta. Bibiano é un dos referentes da educación sentimental da nosa xeración. “Estamos chegando ao amor“, “Agora entramos nós” ou “Samba pra mocedade” (a versión do poema de Viaxe ao país dos […]

Onte 1802: Dolores Redondo presenta «Todo isto che darei» na Ribeira Sacra

Intensa xornada a de onte na Ribeira Sacra na que presentamos Todo isto che darei, a versión galega da novela de Dolores Redondo gañadora do Premio Planeta 2016. Comezamos os actos ao mediodía na Casa Grande de Rosende (unha marabilla, que merece unha estancia!) cunha presentación aos medios e unha pequena homenaxe do concello de Sober […]

Ribeira Sacra literaria

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á Ribeira sacra, tras o acordo parlamentario solicitando a súa declaración como Patrimonio da Humanidade e a publicación de Todo isto che darei de Dolores Redondo: Hai poucos días a Comisión de Cultura do Congreso aprobou por unanimidade un texto que solicitaba o apoio da cámara […]

Onte 1801: Garantir o porvir do galego

Soubemos onte que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos decidiu non admitir a demanda que a Academia Galega presentou en contra do decreto de plurilingüismo. Unha decisión non recorrible, motivada por unha cuestión formal, que non entrou a valorar o contido da demanda, que esgota a vía xurídica contra o decreto Feijoo, iniciada sendo presidente da […]

O tren de Vigo

No artigo da semana en Faro de Vigo reclamo a recuperación do proxecto da variante de Cercedo: Tras as declaracións do novo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, nunha entrevista nos “Desayunos de TVE” non fai falta ser un rato de hemeroteca para comprender que o AVE non chegará a Galicia até dentro de […]

Onte 1800: Ferrín “Non hai outro camiño” é pura literatura

Nun serán moi chuviñento en Vigo presentamos onte na libraría Andel de Vigo Non hai outro camiño, a primeira novela de Isaac Xubín. Acompañou ao autor Xosé Luís Méndez Ferrín que nunha intervención maxistral debullou unha obra que cualificou de “novela colectiva de personaxes moi ben definidos que aspira a interpretación do noso mundo contemporáneo sen ningún tipo […]

Onte 1799: Presentación de “Arquitecturas debuxadas. Lugo”

Máis dun cento de persoas participaron na presentación que onte fixemos no Círculo das Artes de Lugo de Arquitecturas debuxadas. Lugo, o fermoso libro do arquitecto Santiago Catalán Tobías. Un acto no que o escritor Paco Martín, un dos prologuistas da obra, xunto a Jaureguizar, fixo unha emocionante homenaxe á cidade de Lugo e chufou o libro […]