Entradas por bretemas

Andoriñas ameazadas

Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo a situación da ameaza que viven as aves: Oculta entre a faramallada informativa provocada pola intervención do 155 en Cataluña e polos procesos xudiciais de corrupción en marcha, lin esta fin de semana unha noticia que tamén me pareceu moi preocupante para o futuro: “O 37 por […]

Campo do Fragoso CCIV

ASPAZO Abondoulle onte media hora ao Celta para rematar cunha década de frustracións diante dun Atlhetic que fixera de Balaídos un dos seus campos preferidos, onde dende 2003 sempre levaba algunha renda que facía máis agradable a viaxe de regreso a Bilbao da súa afección, unha das máis respectadas en Vigo. E fíxoo grazas a […]

Onte 1927: Corenta Premios da Crítica de Galicia

Lembraremos a XL edición dos Premios da Crítica de Galicia pola emoción que supuxo escoitar a Luís Emilio Batallán, premio na modalidade de Música, de que celebramos tamén as catro décadas do seu mítico disco Ahí ven o maio. A voz dun Batallán minguadiño encheu de saudade un salón que con anterioridade ovacionara a Antonio Manuel […]

Samaín novo

Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo á exaltación do Samaín: Nestes días de Samaín, dedicados á memoria dos mortos queridos, chamou o meu interese unha crítica publicada no suplemento de libros do “The Guardian” sobre un libro de relatos de medo (Eight Ghosts: The English Heritage Book of New Ghost Stories, 2017) […]

Onte 1926: Presentación de «Suite Artabria» de Manuel Lourenzo

Presentamos no serán de onte na FNAC da Coruña Suite Artabria, a obra de Manuel Lourenzo gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2016. Un acto que resultou moi interesante grazas as dúas grandes intervencións, tanto a do autor como a do presentador, o profesor Henrique Rabuñal. Comezou Rabuñal encadadrando Suite Artabria dentro da obra […]

Onte 1925: María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz 2017

Tras varios meses de lectura, onte fixemos público en Villaba o ditame do Iº Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade que convocan o IESCHA e o concello de Vilalba coa colaboración de Xerais. E abofé que non foi doado escoller entre as vinte e tres obras participantes, entre as que había media […]

Anel verde

Tras a catástrofe incendiaria, dedico o artigo da semana no Faro de Vigo a propoñer unha nova ordenación da coroa vexetal viguesa: Non hai dúbida que a ría de Vigo, protexida pola barreira natural das Illas Cíes, e mais o anel verde que rodea a cidade metropolitana son os dous maiores tesouros naturais cos que […]

Campo do Fragoso CCIII

AUTOBUSES SIMEONE Lembraremos o partido de onte do Celta co Atlético polo feito de que 7.500 abonados de Río (“os que montan o lío” da canción de A Roda) tivemos que ver na televisión como Simeone colocaba no Campo do Fragoso o autobús e levaba tan pancho para Madrid os tres puntos no peto. E […]

Onte 1924: «Handia»

Jon Garano e Aitor Arregui saen máis que airosos de Handia, a película rodada en éuscaro na que abordan con sutileza o mito do xigantón euscaldún que asombrou cos seus 2,42 metros nunha xira por Madrid, Lisboa, Londres e París. Máis que pola orixinalidade no tratamento da aceptación social da diferenza ou polo acertado retrato […]