Diálise
/en Autores, Teatro, Xerais/por bretemasFolerpa continúa a longa cadea de recoñecemento. Efectivamente, cando se represente Limpeza de sangue, asistiremos a un fito da escena galega. Un texto dramático para recomendar vivamente.
Carlos Reigosa denuncia
/en Autores, Presentacións, Xerais/por bretemasA presentación de onte do libro de conversas de Del Caño con Carlos Reigosa foi moito máis alá do protocolario neste tipo de actos. Nunha intervención memorable, o autor de Intramundi denunciou que nin os nosos intelectuais nin as nosas institucións culturais nin as nosas universidades elevan as tradicións da nosa cultura labrega ao corpus literario e cultural. “Non se está facendo nada para conservar esta realidade. Vivimos nunha cultura que está virada de costas á nosa orixe“. Para concluír, despois, que “o meu compromiso é seguir escribindo preto desta tradición labrega. A nosa identidade está en perigo na medida que estamos esquecendo o lugar de onde vimos. Está é unha grande desfeita actual para a nosa terra. Dígoo cun certo desánimo”.
A reflexión deste “zoqueiro cosmopolita” (como o denomina Ramón Villares no prólogo do libro de conversas), ademais de amosar certa melancolía, expresa un debate de fondo calado na construción da nosa literatura nacional. Dificilmente a ampla obra narrativa e investigadora de Reigosa pode ser cualificada como “ruralista”, razón pola que a súa denuncia poida ser interpretada en clave persoal, gañando en credibilidade e en posibilidades de abrir un necesario debate sobre a cuestión. Superado, afortunadamente, o falso dilema entre o rural e o urbano, categorías inservibles hoxe para definir a realidade galega (e, endebén, a nosa produción literaria), a recuperación do corpus da cultura tradicional convértese (máis aló da etnografía conservadora) nunha das fontes posibles para reinventar a identidade contemporánea. Pode a cultura literaria galega prescindir da achega da tradición oral dos contos populares ou dos mitos fundacionais acuñados durante séculos?
A lectura de novelas, rabiosamente modernas, como Intramundi (seguramente o cume literario de Reigosa, na estirpe das mellores obras faulknerianas), amosa que esta denuncia, á contracorrente das modas actuais, pode contribuír a abrir futuro para a nosa literatura.
O misterio de Carlos Reigosa. Conversas será presentado nas vindeiras semanas na Pastoriza, no corazón de tras da Corda, o espazo natal e literario de Reigosa. Sen dúbida, un acontecemento para festexar o traballo literario dun dos escritores maiores das nosas letras.
"Vidas post-it" de Iolanda Zúñiga
/en Narrativa, Novidades, Xerais/por bretemasJaureguizar cre que será a revelación da tempada.
Público
/en Medios, Vídeos/por bretemasMañá aparecerá Público, o novo xornal madrileño dirixido polo veterano blogueiro Nacho Escolar e vencellado ao grupo da Sexta. Custará 0,5 cents (os domingos 1 €). Recomendo a lectura da transcrición do chat co director que reproduce xornal.com, na que se presentan moitos dos criterios do novo xornal. Paréceme esperanzador que exista competencia para El Pais. Non anuncia ningún vencello con Galicia, coa excepción da colaboración de Julián Hernández e a presenza do xornalista Manolo Rico como responsable de Política.
Día internacional da tradución
/en Efemérides, Traducións/por bretemasA entrevista con Adolfo Suárez
/en Política/por bretemasEis o texto da entrevista con Adolfo Suárez , publicada no ABC dixital, da que falamos hoxe na Crónica de Tino Santiago. Algunhas afirmacións do ex-presidente son sorprendentes, como a existencia dunha cloaca madrileña de medios de comunicación ou a importancia que para el tiña convencer aos seus adversarios. É a sincera inxenuidade dun home queimado ou o froito dun tempo, paradoxicamente, máis aberto co actual?
Campo do Fragoso XLV
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasDOUS GOKKAZOS
Os dous goles de Yiannis Okkas, o dianteiro internacional chipriota que debutaba en Balaídos, devolvéronos a ledicia. Porén, a pesar da clara vitoria diante da U.D. As Palmas (o equipo máis frouxo dos que por aquí pasaron), iso que chamamos fútbol aínda non compareceu sobre a lameira do Fragoso. A primeira parte celeste foi moi pobre. Os de Stoichkov non puideron impoñer a súa autoridade: a parella de pivotes (Vitolo e, o tamén debutante, Mario Suárez) quedaba trabada no medio do campo e os dous laterais (de carácter ultradefensivo e moi estáticos) eran incapaces de colaborar dalgunha forma no xogo atacante polas bandas. Apenas unhas poucas escintilacións técnicas de Larena e, sobre todo, do punta chipriota (unha agradable sorpresa) introducían algún fío polo que estirar o xogo e construír un relato cun mínimo de perigo. Na segunda parte mudou radicalmente o panorama, grazas, ao empuxe que supuxo a presenza diante dos pivotes de Diego Costa, que substituíu ao inofensivo Quincy “o bicicleteiro”. Unha xogada a balón parado, tocada co veludo preciso de Larena e peiteada con grande elegancia por Okkas, e unha contra ao límite do fóra de xogo, aínda mellor resolta, tamén, polo chipriota abondaron para pechar o marcador. Estes dous gokkazos de fermosa factura foron o mellor dun encontro que, a pesar do resultado, non resolve as dúbidas que arrastra o Celta deste comezo de tempada. Non vimos un esquema táctico definido, non vimos continuidade no debuxo das liñas (entre unha defensa caótica, que aposta máis polo pelotazo ca pola anticipación, e un medio campo sen personalidade nin capacidade de recuperación), non vimos, polo momento, capacidade de xerar ese fútbol ligado e coherente que gosta en Balaídos dende os tempos de Mazinho e Mostovoi. Mágoa, que o resultado quedase ennegrecido pola grave lesión de Borja Oubiña, na xornada na que debutaba en Anfield Road, un dos templos do fútbol mundial. Todo o noso agarimo, nestes momentos tan difíciles, para o mellor xogador galego deste século.
Bernardino 75
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Autores, Efemérides, Poesía, Presentacións, Xerais/por bretemasNo artigo da semana realizo a miña homenaxe á figura de Bernardino Graña, quen será homenaxeado esta semana en Cangas con motivo do seu setenta e cinco aniversario. Unha boa oportunidade para volver sobre a obra do noso mariñeiro das palabras. Os actos da homenaxe, organizada pola Asociación Cultural A Cepa, xa foron anunciados. A presentación do libro homenaxe, coordinado por Héitor Mera, terá lugar o sábado, 29 de setembro, ás 13:00 horas, no salón de plenos do concello de Cangas.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.