Fútbol e literatura
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Fútbol, Narrativa, Recurso_didáctico/por bretemasNo artigo da semana reflexiono sobre as relacións entre fútbol e literatura. Dedico o texto a Borja Oubiña, con todos os azos para a súa recuperación. A mantenta quixen deixar fóra a dimensión tráxica, que poden compartir fútbol e literatura, preferindo rematar con estas palabras da escritora camerunesa Calixthe Beyala: “O balón é redondo coma o planeta, coma ventre da nai, coma o sol. Cando un futbolista xuta ao aire semella que o balón vai tocar as estrelas. Na literatura tamén hai un desexo de tocar o ceo, de ir máis alá dos límites da vida cotián”. Quizais nese horizonte é, tamén, onde se atopan o fútbol e a literatura.
Certame Os Viadutos 2007
/en Narrativa, Premios/por bretemasEsta mañá participei no acto de entrega dos premios do VIII Certame Literario de Narrativa breve Os Viadutos 2007, organizado pola concellería de Xuventude do concello de Redondela e dirixido a narradores menores de trinta e cinco anos. Levamos participando no xurado deste premio dende o inicio (alí premiamos textos de Samuel Solleiro ou Roque Cameselle) e considero que os dous relatos premiados nesta edición son algúns dos de mellor calidade. O primeiro premio correspondeu a Iván García Campos por “O camiño das formigas” e o segundo a Xerardo Neira Pereira por “A orella de Jenkins”. No vindeiro mes de novembro publicaremos un volume coas dúas obras premiadas e cunha terceira (“A selva do caleidoscopio”, presentada baixo o pseudónimo de Iskra-lhe) que mereceu unha mención do xurado. Un premio ben xeitoso que abre unha xanela para a visibilidade de tres narradores novos.
Actualización (21-10-2007): A noticia da entrega no Faro de Vigo.
Retranca
/en Ilustración/por bretemasAlguén sabe de que vai isto? Terá relación co artigo de hoxe de Rivas?
Entrevista a Agustín Fernández Paz
/en Adiantos, Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais/por bretemasO levantador de minas publica unha entrevista audiovisual con Agustín Fernández Paz e un adianto lido dun dos contos (“Amor do agosto”) que forma parte do seu vindeiro libro (no prelo) O único que queda é o amor. Moi recomendables os dous documentos audiovisuais. Beizóns para Alfredo e Tati!
IV Simposio o Libro e a lectura
/en Comercio do libro, Eventos/por bretemasPortugalicia
/en Portugal/por bretemasIl club della calzetta
/en Autores, Narrativa, Novidades, Traducións/por bretemasA edición italiana do Club da calceta estará nas librarías o vindeiro mes de novembro. Despois das de Rivas, a de María Reimóndez será unha das primeiras obras de narrativa galega editadas en Italia. A mesma editora (gran vía un proxecto que aposta pola literatura da “España plural”) está preparando, para a primavera, Home sen nome de Suso de Toro, traducida por Fabio Angelli, o profesor de italiano da Escola Oficial de Idiomas de Vigo e un dos valedores da cultura e literatura galegas en Italia. A editorial gran via abre un novo portelo para a proxección exterior da literatura de noso.
Saudades da Buchmesse
/en Eventos, Persoal/por bretemasA lectura do magnífico artigo de Peter Mayer tróuxome saudades da Feira do libro de Frankfurt. Este ano tiña moitas ganas de volver –a verdade é que nos últimos dezasete anos fun unha ducia de veces e chegou a aburrirme o xigantismo que foi adquirindo– para ver o espectáculo que montaban os nosos amigos cataláns e saber cómo vai cundido o esforzo de promoción que se está realizando con decisión a Consellaría de Cultura e da AGE. Mais foime imposible, xa que nestes días tiña programada unha intervención cirúrxica no dentista (da que estou saíndo mellor do que eu pensaba). Quedei en terra e, por riba amolado.
Ten moita razón Mayer, o máis importante de Frankfurt é o encontro cos amigos editores, moito máis que a compra ou venda de dereitos que, coas excepcións dos libros visuais, faise agora maís doadamente grazas á información e a comunicación proporcionada polos medios dixitais. As feiras internacionais do libro perderon centralidade no mercado de dereitos, mais son aínda imprescindibles para detectar as grandes tendencias da edición internacional, sexa nas tipoloxías de edición como nos procedementos de promoción editorial. Sei que aprendín moito sobre a profesión en cada unha dos Frankfurts aos que acudín, percorrendo os interminables corredores ateigados do aroma dos libros publicados en todas as linguas. Lembraba hoxe con saudade os xantares e os centos de cafés alí con Carlos Casares (encantáballe a feira), Víctor Freixanes, Xavier Senín, Pepe Puga, Damián Villalaín, Daniel Rozados, Nelson de Matos, Ramón Pernas, Emilio Pascual e tantos outros amigos de Anaya… Estou con Peter Mayer: “os libros e os amigos” no oficio de editor son as dúas cousas que realmente importan.
Read Galicia II
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Edición, Lectura, Promoción do libro, Traducións/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.