Contratos e dereitos
/en Edición/por bretemasSinceramente creo que esta proposta da AELG constitúe un erro que, desgrazadamente, pode prexudicar máis á imaxe do sector editorial galego (empeñado en profesionalizarse) que contribuír a solucionar os problemas que puidesen ter algúns dos seus socios. É unha obviedade que todos os escritores, tradutores ou ilustradores, cando publican un libro, deben asinar un contrato de edición e esixir ao editor que se respeten escrupulosamente as condicións pactadas entre eles. Nun sistema editorial normalizado, aí remataría o conto.
Pucho Boedo
/en Música/por bretemasSouben hoxe da noticia da homenaxe que se está a preparar en lembranza de Pucho Boedo o domingo 5 de febreiro no Pazo da Ópera. Semella que vai participar unha tropa de medo. Boedo é un dos heroes secretos de Galicia e merece seguir sendo cantado e recordado. Unha iniciativa moi boa para comezar este ano da Memoria.
Cen anos de historia cultural
/en Cultura/por bretemasAlerto do nacemento onte dunha importante nova sección xornalística que Marcos Valcárcel publicará cada domingo no suplemento Lecer de Galicia hoxe. Valcárcel, con motivo de celebrar o centenario da Academia, acomete o ambicioso proxecto de percorrer anualmente a historia cultural galega ao longo dun século. Recuperar este xénero de efemérides, que tanta importancia tivo no xornalismo do dezanove, é unha magnífica idea neste ano, tamén, da memoria. Esta primeira entrega, dedicada a 1906, relata o nacemento da Academia ou de persoeiros da talla de Tobío, Filgueira ou da fábrica de cervezas Estrella de Galicia. Un proxecto oportunísimo que seguiremos semanalmente. Parabéns para o noso amigo o infatigable e rigoroso Marcos Valcárcel.
Outro blog sobre Vigo
/en Blogs, Vigo/por bretemasRosas murchas
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade/por bretemasMudarse á radio galega
/en Medios/por bretemasE seguindo con dicas de música, é moi recomendable, tamén, escoitar Aberto por reformas, o espazo que de catro a cinco anima Xurxo Souto na Radio galega. Quen dixo que non se podía facer un programa diario de música galega? É unha auténtica marabilla: un derroche de creatividade e entusiasmo, divertido, indagador, potente e comprometido cunha visión contemporánea da nosa industria cultural. A calidade e interese deste espazo de Xurxo Souto desmente, como outros de moitos dos seus colegas (dende a marathón da mañá de Xusto López Carril, pasando polo rigoroso informativo da noite de Tino Santiago ou o excelente Extrarradio das fins de semana), algunhas profecías apresuradas e comentarios cainitas. Unha vez máis, aconsello aos radioaditos (confraría da que formo parte) mudarse á radio galega.
Gwendal: War-Raog (Adiante)
/en Música/por bretemasA xuntanza co Presidente
/en Cultura, Política/por bretemasO Presidente asumiu o compromiso de manter un diálogo directo e permanente coa asociación de editores, institucionalizándoo por medio de dous encontros anuais (un en cada semestre do ano) coa intención de intercambiar ideas, revisar obxectivos e realizar un seguimento dos compromisos adquiridos. Así mesmo, expresou o compromiso do Goberno Galego de tramitar a Lei do libro e a lectura no primeiro cuatrimestre parlamentario e a Lei de Bibliotecas no segundo, sendo o seu obxectivo que ambas as dúas deben ser aprobadas por unanimidade ao longo deste ano 2006.
A cuestión da gratuidade do libro escolar foi a que centrou boa parte da reunión e na que, tamén, se chegaron aos máis esperanzadores compromisos. Así, acordouse que a Consellería de Educación dinamizaría, a partir do mes de febreiro, o funcionamento da Mesa Técnica de Gratuidade, foro técnico da Administración e do sector, onde será debatida unha nova modalidade de gratuidade do libro escolar (a do cheque libro) que se pretende implantar ao ritmo da nova LOE. Informóusenos, tamén, da intención da Consellaría de Educación de ampliar a gratuidade no vindeiro curso (2006-2007) a 4º de ESO, así como da intención de considerar tamén a das materiais que se imparten en galego en 5º de Educación Primaria para proceder a súa pendente actualización ortográfica. A Conselleira de Educación presentou un ambicioso programa de dotación de bibliotecas escolares e de animación á lectura, valorado en máis de tres millóns de euros, dos que canto menos, a metade, deberán ser invertidos en dotacións bibliográficas.
Sobre a cuestión da proxección exterior do noso sector, o Presidente sinalou que a creación do Instituto de Cooperación Exterior de Galicia, ao servizo da proxección internacional dos diversos sectores económicos do país (tamén, polo tanto, do editorial), pode contribuír na difícil tarefa de apertura do noso mercado exterior. Considerou moi imporante o eixo vertebrador que con Iberoamerica terá esta entidade de nova creación e convidounos a que mantivésemos contactos sobre esta cuestión coa Secretaría de Emigración e coa de Cooperación Exterior.
En definitiva, unha excelente reunión de traballo, tanto polo exquisita receptividade dos anfitrións, como polo seu rigor e claridade para enfocar cada un dos temas propostos. Os representantes dos editores, como valoramos na Xunta Directiva que celebramos hoxe, saímos de Monte Pío coa confianza e a satisfacción de que a Presidencia do Goberno Galego asume a importancia cultural e empresarial do noso sector. Algo decisivo que botabamos en falta, dende hai moito, e nos enche de azos para continuar coa nosa fantasía.
Toda a vida
/en Autores, Narrativa, Novidades/por bretemasOcupei a tarde toda preparando dous textos para a xornada de mañá: ao mediodía os editores seremos recibidos en Monte Pío (para abordar o conflito do préstamo e a situación xeral do sector) e á notiña presentaremos en Teucro a última novela de Luis Rei Núñez.
Á entrevista, despois de catro meses de tela solicitado e de múltiples reunións e declaracións, chegamos esperanzados de poder abrir de vez a Mesa Técnica de Gratuidade (onde discutir todas as alternativas posibles ao actual modelo para chegar a unha nova proposta consensuada a aplicar coa implantación dos novos currículums da LOE) e atopar unha solución concreta para o vindeiro curso (aspiramos a que a Consellaría de Educación adquira os textos actualizados para 5º e 6º de Primaria). Tamén, pretendemos, que o presidente avale a promoción da lectura e, máis concretamente, da lectura en galego, como un dos eixos transversais da acción do seu goberno.
Deseñamos a presentación da tarde como unha auténtica velada literaria. Non teño dúbida de que Rei Núñez é xa un dos nosos novelistas maiores. Todas as súas obras, escritas cunha prosa elegante e clarísima, unha ambientación e atmosfera moi coidadas e evocadoras, están unidas polos fíos da emoción e da memoria, depósito inagotable para un autor que nesta novela rende, tamén, unha valente homenaxe á Rosalía daqueles versos inesquecibles: “Recuerdo… lo que halaga hasta el delirio o da dolor hasta causar la muerte“.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.