Gwendal: War-Raog (Adiante)

Para a xente da miña xeración universitaria a música celta era a música bretona de Gwendal e Alan Stivell, a fusión das guitarras eléctricas co son de gaitas e harpas. Aínda lembro cando merquei aqueles memorables Live in Dublin e Before Landing de Stivell (o bo amigo de Carlos Núñez) na tenda de discos que había enfronte da desaparecida Libraría Couceiro. Porén, a Gwendal case lles perdera a pista, despois das súas aburridas aventuras new age de finais dos oitenta, fío que recupero coa publicación recente, polo selo Resistencia, do magnífico War-Raog, título que evoca o berro dos campaneiros antes de comezar a tanxer. Afortunadamente, os novos Gwendal resucitan con pulo. Adiante! Recoméndoo.
1 comentario
  1. Arduina
    Arduina Dice:

    A min pareceme o peor disco que ten Gwendal. Soan totalmente alleos, comerciais e impersonais. Non teñen ese toque Gwendal que mantiñan nos seus discos.

Los comentarios están desactivados.