Literacidade ou cultura escrita
/en Ensaio, Literacidade, Novidades/por bretemasAproveito os poucos ocos dos que dispoño estes días para mergullarme no magnífico libro novo de Cassany. Interesoume moito a importancia que lle concede ao concepto de literacidade crítica e a súa insistencia en que non se pode entender nada plenamente, se non se relaciona co autor, o lector e as súas comunidades. Isto supón para el a necesidade de incluír unha perspectiva crítica na lectura.
A “literacidade” ou “cultura escrita” non inclúe só o código escrito, abranguendo tamén outros ámbitos como os xéneros díscursivos, os roles do autor e lector, as formas de pensamento ou os valores e rerpesentacións culturais do texto.
Cassany aposta por unha literacidade crítica que fomente o diálogo entre o discurso (o autor ) e o lector, o que favorecerá o crecemento dun eu autónomo, consciente e construtivo. Concepto que se entende mellor botando man dunha célebre cita de Paulo Freire: “a comprensión acadada a través da lectura crítica implica percibir a relación que existe entre o texto e o seu contexto”, ou noutras palabras, a lectura é unha práctica social e cultural inserida sempre nunha comunidade e tempos concretos.
Campo do Fragoso XVI
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasOs blos na TVG
/en Blogs, Televisión/por bretemasManolo Gago dá conta da reportaxe que sobre os blos en Galicia emitiu Rec- cámara, un novo programa informativo da TVG. A verdade é que quedou moi ben, sobre todo polo ritmo trepidante deses apenas cinco minutos e pola claridade das intervencións dos blogueiros para explicar as características do fenómeno blog. Aconsello ver o vídeo.
Volver
/en Cine/por bretemasRetrincos vigueses
/en Ensaio, Novidades, Vigo/por bretemasRevista Naz-on
/en Cultura, Medios/por bretemasEstatuto madrileño?
/en Política/por bretemas2005: baixa a produción editorial en galego
/en Comercio do libro/por bretemasA expensas da depuración destes datos e do estudo definitivo da Federación de Gremios (os editores estamos proporcionando os datos este mes), a crise de crecemento do libro en galego editado polos editores galegos é un feito innegable: publícanse menos títulos en galego (o que en principio, se aumenta a calidade, pode ser mesmo positivo) e descenden as tiradas medias, o que expresa que chegamos a menos lectores. Pola contra, semellante fenómeno (canto menos polos datos do ISBN) non sucede co conxunto da edición realizada en Galicia que medra, feito só explicable polo crecemento da publicación noutras linguas (un certo tirón exportador pode estar producíndose, o que sería outro motivo de esperanza). Collamos, pois, os datos con cautela.
Tras as liñas
/en Ensaio, Novidades/por bretemasSei que somos moitos os devotos da Cociña da escrita, o famoso libro no que Daniel Cassany propoñía unha reflexión sobre a escrita e a redacción dos textos. Estes días acaba de aparecer a tradución española de Rere les línies, un ensaio sobre a lectura contemporánea. Nesta súa última obra Cassany reflexiona, tendo en conta que os textos e a lectura mudan dependendo das épocas da historia e das distintas comunidades, sobre cómo lemos neste século XXI e cáles son as circunstancias lectoras que nos condicionan. O cambio dos formatos (do libro á pantalla), o zapping lector ou multilectura, as lecturas de divulgación científica son algúns dos novos fenómenos lectores estudados dende un enfoque que considera a lectura e a escrita como construcións sociais. Cassany propón no libro un interesante xogo para que os seus lectores non crean todo o que el escribe. Dentro duns días volveremos, máis de vagar, sobre os contidos deste libro imprescindible.
Por certo, Anagrama tamén anuncia a aparición de El control de la palabra de André Schiffrin, continuación da análise dos efectos da concentración editorial, iniciado co seu famoso La edición sin editores. Promete.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.