Coda
/en Persoal, Política, Vigo/por bretemasBen sei que diante desta noticia, escasa relevancia ten xa o rebumbio no que participei esta semana, amortizado na conta do inventario do xogo político institucional. Nunca neguei que recibín un xeneroso ofrecemento por parte de Anxo Quintana e de persoas da súa confianza para optar a encabezar a lista viguesa do BNG. Unha proposta que moito me honrou e que, como xa expresei, non podo máis que agradecer polo seu carácter arriscado tratándose dun nacionalista que non militou nunca no BNG. Aínda que ben saben as persoas que me coñecen que nunca tería aceptado participar en candidatura ningunha en calidade de “independente” (condición na que non acredito), xa que sempre defendín os partidos como as entidades que organizan a participación política dos cidadáns no ámbito democrático. Razóns de carácter estritamente profesional, fundamentadas nunha profunda convicción moral, decidíronme a comunicar que declinaba o ofrecemento o pasado mércores á noite, tras unha desafortunada filtración xornalística que na tarde do martes coincidiu coa celebración do Consello Local do BNG vigués. Aí acabou, no que a min me atinxe, todo conto; o resto foron especulacións xornalísticas e algunhas intoxicacións que, inevitablemente, acompañan este tipo de situacións nunha cidade como a nosa.
A pesar dalgún desgusto que me amolou, o rebumbio desta semana axudoume, tamén a min, a repensar e reflexionar sobre moitas cuestións. A nivel profesional, permitiume, tras máis de trece anos á fronte da editorial, revalidar o meu compromiso diante do cadro de traballadores e traballadoras, para acometer corresponsablemente nos próximos tres anos un ambicioso plan de edición educativa, en contextos tan adversos e desfavorables como os sinalados pola nova reforma curricular e por unha modalidade de préstamo que sitúa a todas as empresas do subsector escolar ao bordo do abismo. A nivel persoal, tamén, foi emocionante para min, recibir estes días o apoio dos membros da miña familia, dos meus compañeiros e compañeiras do chollo, de numerosísimos autores, xornalistas, blogueiros e tantas outras persoas que me colmaron de mimos e agarimos que non saberei como agradecer. A nivel político, a experiencia axudoume a coñecer mellor o proxecto de renovación e modernización da cultura política nacionalista que con determinación están encabezando Anxo Quintana e Ánxela Bugallo (moitas grazas, Ánxela). Un proxecto moi esperanzador do que me sentín próximo e no que me gustaría poder colaborar que, inevitablemente, máis cedo ou máis tarde, irá enchoupando como a poalla ao conxunto das agrupacións locais nacionalistas.
Frecha amarela
/en Publicidade/por bretemasInfantil en galego
/en Educación, Lingua/por bretemasHai un mes reclamabamos a ampliación do programa experimental de escolarización en galego na Educación Infantil. A Consellaría de Educación, por fin, caeu do cabalo e prendeu ese fío do Plan de Normalización anunciando que poderán participar todos os centros sostidos con fondos públicos (é dicir os públicos e concertados) que teñan polo menos dúas liñás por cada curso da etapa 3-6. Esta si que é unha medida normalizadora de auténtico calado, moito máis se vai acompañada, como é de agardar, de apoios nos medios didácticos e na formación do profesorado. A creación dunha atmosfera galeguizadora nos centros dende o inicio dos procesos de alfabetización (Infantil e primeiro ciclo de Primaria) é a estratexia máis sólida para consolidar avances reais no emprego da lingua como vehicular na Primaria e na Secundaria. Desta volta, os meus parabéns para o equipo da Consellaría de Educación.
Obrigado, moito obrigado
/en Persoal, Política, Vigo/por bretemasSempre Lois Pereiro
/en In memoriam/por bretemasMagoaríame que por mor do rebumbio estas brétemas non lembrasen que hoxe é o décimo cabodano de Lois Pereiro. Recomendo as homenaxes de Josito, Mourullo, Folerpa e Jaureguizar. Aposto polo vindeiro dezasete para o inesquecible Lois:
Cuspídeme enriba cando pasedes
por diante do lugar onde eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e furia necesaria.
"O cidadán do mes" cambia para Libraría Sisargas
/en Eventos, Xerais/por bretemasÁnimo, Olga!
/en Autores/por bretemasNova etapa para "Vieiros da escola"
/en Educación, Internet, Medios/por bretemasOs Vieiros da escola iniciaron unha nova etapa, xestionados por Nova Escola Galega, dedicando un monográfico ao Día das Letras. A escola en galego precisa destes recursos electrónicos, que botamos en falta. Un eido que debemos atender con maior interese. Boa camiñada!
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.