"O cidadán do mes" cambia para Libraría Sisargas

Unha inundación da Libraría Couceiro (vaia mala sorte, dous accidentes deste tipo nun mesmo mes!) obríganos a mudar o lugar da presentación de mañá d’ O cidadán do mes á Libraría Sisargas (Curros Enríquez 9) da Coruña. Agradecemos moito este cabo que nos botou Marta Souto, a responsable da aquelada libraría de Monte Alto. Este xoves, pois, ás oito, acompañando a Diego Ameixeiras estarán Miguel López Calzada e Fran Alonso falando do detective Dopico. Agradezo que se difunda na rede este cambio tan obrigado como precipitado.
Etiquetas:,
1 comentario
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    NON SEI SE ESTE É O SITIO. PERO TEÑO QUE DICIR QUE ALÉGROME DA DECISIÓN DO BNG POLA QUE O FELICITO. A ELECCIÓN TÚA COMO CANDIDATO DAME ÁNIMOS PARA IR VOTAR.

Los comentarios están desactivados.