Jaureguizar info
/en Blogs/por bretemasSon galego
/en Lingua, Sociedade/por bretemasO de torredebabel é o post máis interesante dos que lin hoxe. Descoñecía esta lista de compromisos asumidos e divulgados por compatriotas de todo o mundo (e dos que aquí deberíamos tomar boa nota):
1.Considerarei Galicia como a miña Patria.
2. Proclamarei en público e en privado que son galego/a.
3. Considerarei a todos os galegos como tales, con independencia de que vivan ou non en Galicia, e naceran onde naceran.
4. Se coñezo o idioma galego aproveitarei sempre que poida para o practicar e esforzareime en perfeccionalo escribindo, falando, lendo e escoitando. Se non o coñezo, farei todo o posible por o aprender e o utilizar, sen ter vergonza por non o dominar.
5. Trasmitirei aos meus fillos e netos o orgullo de ser galegos.
6. Procurarei poñerlles nomes galegos aos meus fillos.
7. Se teño un apelido castelanizado trocareino pola súa auténtica forma galega.
8. Utilizarei sempre os nomes galegos das provincias, cidades, vilas, parroquias ou aldeas de Galicia, especialmente os daquelas onde teño as miñas orixes. 1
9. Estudarei e darei a coñecer a historia de Galicia.
10. Cultivarei as receitas de cociña galega aprendidas da miña familia e outras que aprenda a través do estudo da gastronomía galega e difundirei as súas virtudes entre os meus achegados.
11. Preservarei as tradicións galegas practicándoas e promocionándoas no meu entorno.
12. Celebrarei todos os anos a festa da Patria Galega do 25 de xullo.
13. Sempre terei á vista na miña casa algún elemento decorativo que fale de Galicia: un cadro, fotografía, bandeira, adorno, figura, etc.
14. Consumirei preferentemente produtos galegos.
15. Contribuirei na medida que poida a un mellor futuro para Galicia e para todos os galegos, onde queira que vivan.
16. Defenderei o nome de Galicia e dos galegos ante calquera insulto, difamación ou mofa.
17. Renegarei de quen aldraxe ou perxudique a Galicia e aos galegos, procurando defendelos con todas as miñas forzas; manifestarei publicamente a miña disconformidade con calquera lei ou medida que perxudique a Galicia, aos galegos ou á súa identidade; e apoiarei as iniciativas políticas honestas que procuren o ben para Galicia.
18. Difundirei polo mundo o nome de Galicia, explicando o que é, ónde está e quén son os galegos, amosando o orgullo da nosa cultura, idioma e historia.
19. Apoiarei ás organizacións que traballen por conservar a cultura e identidade galegas no exterior, coa miña participación como socio/a ou traballando dalgún outro xeito ao meu alcance a prol delas.
20. Contribuirei, na medida das miñas posibilidades, a soster os gastos destas e ao seu bo goberno. Farei sempre por unir aos galegos do todo o mundo e nunca por os dividir.
Novos feeds
/en Blogs/por bretemasGalicia industrial
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade/por bretemasUn patrimonio marabilloso
/en Cultura/por bretemasActualización (27-11-05): hai moi interesantes posteos sobre o tema; recomendo os de Ian, Gago, Boedense e Rogerio.
Conspiración lectora
/en Lectura/por bretemasDespois da entrevista da tarde de onte coa Conselleira de Educuación e da reunión da comisión da Mesa polo Libro da mañá de hoxe, onde abordamos os criterios de modificación do texto do plan da lectura, non teño dúbida do certeiro da análise de Rogelio Blanco: en Galicia tamén padecemos a doenza da indixestión editorial e da indixencia lectora (grazas, Juan polo oportuno enlace).
É decepcionante que boa parte do traballo dos editores galegos consista en acudir a San Caetano, unha e outra vez, para disertar alí sobre a importancia que para o benestar e o futuro da sociedade galega supón contar cunha sólida base de lectores, convertir a lectura no núcleo e no ADN da educación ou para reiterar enfaticamente o interese para o país de contar cun sector editorial viable empresarialmente. Sempre saio deses despachos e salas de xuntas coa mesma sensación: somos acollidos polos responsables do goberno con moi boas palabras e intencións, aínda que, se aos feitos nos remitimos, sendo moi escasamente valorados. É moi triste ter que recoñecer que despois de case catro meses da toma de posesión do goberno bipartito, os ventos do cambio e do tempo novo prometido aínda non chegasen para apoiar, sequera diplomaticamente ou con algunha medida efectiva de compromiso, o sector do libro en Galicia.
No seu último libro, José Antonio Marina e María de la Válgoma propoñen poñer en marcha unha conspiración lectora (lese coma unha noveliña marabillosa) do conxunto da sociedade. Participar activamente na organización desta conspiración da sociedade civil semella a única revolución posible, a menos que os editores pretendamos deixarnos morrer languidamente no conformismo que se nos propón.
Manifesto de apoio a Rafael Ojea
/en Política/por bretemasEntrevista
/en Edición/por bretemasMañá pola tarde manteremos unha entrevista decisiva coa Conselleira de Educación, a primeira persoa do goberno que nos recibe.
Os futuros da industria editorial
/en Uncategorized/por bretemas- Os premios non están para descubrir novos autores, se non para permitir que se fale máis dos libros.
- Hai máis premios en España que libros excelentes que se publican nun ano.
- Os editores editamos por olfacto, mais o malo é que estamos sempre constipados.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- FIl Guadalaxara4 de Decembro de 2024 - 11:03 a.m.
- Museo de Vigo3 de Decembro de 2024 - 11:13 a.m.
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Karnix celta25 de Novembro de 2024 - 9:30 a.m.