Listado de la etiqueta: premios_xerais_2010
Premios Xerais 2010, galerías de fotos
/en Eventos, Galerías de fotos, Premios, Vídeos/por bretemasAbrimos unha conta de flickr e colgamos as galerías de fotos do Premio Xerais 2010 que fixo Manuel G. Vicente.
No blog de Xerais poden consultarse as vídeoentrevistas que realizou Alfredo Ferreiro ás gañadoras, secretarios e membros de xurado, así como a diversos escritores, editores e críticos. Unha cobertura excelente.
Premios Xerais 2010 por Paula Gómez del Valle
/en Artes Visuais, Eventos, Música, Premios, Xerais/por bretemasPremios Xerais ’10 from Paula Gómez del Valle on Vimeo.
Grazas, moitas grazas, Paula. É un traballo moi fermoso.
Iolanda Zúñiga, un novo horizonte
/en Autores, Eventos, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemasSen menoscabo ningún da alta calidade do discurso de Fina Casalderrey como mantedora literaria da cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010, nin da orixinalidade e emoción da intervención de Teresa González Costa para agradecer o Premio Merlín, os tres folios que leu Iolanza Zúñiga, tras recibir o Premio Xerais de novela por Periferia, foron memorables. As súas palabras potentes, expresadas co ritmo de rap, sinalaron simbolicamente o inicio dunha nova etapa na literatura galega. O que sucedeu onte en San Simón expresa a feminización e renovación da narrativa galega actual. Algo que debemos celebrar de forma entusiasta.
No blog de Xerais e no perfil de Facebook é onde iremos recollendo estes días toda a información xerada polo fallo destss premios.
As fotos, oportunísima, é de Pilar Ponte. Grazas, profa!
Xa temos finalistas dos Premios Xerais 2010
/en Premios, Xerais/por bretemasO xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela formado por Comba Campoy (actriz), Manuel Ángel Candelas Colodrón (profesor da Universidade de Vigo e blogueiro), Roberto Pérez Pardo (profesional do libro), Belén Regueira (xornalista), Antón Sobral (pintor) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas, entre as 38 obras participantes, as presentadas baixo os lemas «Fría e negra», «Hovercraft» e «O avesso do avesso».
Pola súa banda, o xurado da XXV edición do Premio Merlín de literatura infantil formado por An Alfaya (Premio Merlín, 1997), Jacobo Fernández Serrano (Premio Merlín, 2009), Antonio García Teijeiro (Premio Merlín, 1996), Mar Guerra (Premio Merlín, 2008), Gloria Sánchez (Premio Merlín, 1990), e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar como finalistas, entre as 32 participantes, as obras presentadas baixo os lemas «Canis lupus», «Celerífera», «Cincocentros trinta e tres» e «Sete pétalos».
O fallo de cada un dos premios darase a coñecer no serán do sábado, 12 de xuño, no acto literario que terá lugar na illa de San Simón e no que a escritora Fina Casalderrey actuará como mantedora literaria. Como en edicións anteriores o acto será retransmitido en directo por Internet por Blogaliza tv.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- IESCHA6 de Novembro de 2024 - 8:47 a.m.
- Media táboa6 de Novembro de 2024 - 8:43 a.m.
- O manifesto atlántico de Rivas5 de Novembro de 2024 - 9:42 a.m.
- Pacto pola lingua30 de Outubro de 2024 - 9:47 a.m.
- Marta Souto29 de Outubro de 2024 - 9:34 a.m.