Onte 445: Folga branca

As once mil explotacións leiteiras do país deixarán de facer entregas aos seus distribuidores. A partir da primeira hora de hoxe, seis millóns de litros de leite tiraranse cada día en Galicia, unha produción valorada en máis de dous millóns de euros, que supón o 38 % da produción do estado. Unha medida extrema, dramática, sen precedentes, a máis dura da historia dun sector estratéxico para Galicia, tanto polo feito de ocupar a 65.000 persoas, entre empregos directos e indirectos, o que a convertiría na primeira empresa do país, como polo de constituír un eixo de vertebración do territorio da Galicia rural. Esta inédita folga branca só pretende acadar que o prezo de compra dun litro de leite galego non estea 3 ou 4 céntimos por baixo do que se paga noutras comunidades e, o que é moito máis grave, que non estea por debaixo do seu custo de produción, como sucede na actualidade. É unha reivindicación xusta, defendida en man común polos tres sindicatos agrarios, que merece o apoio de toda a cidadanía e do Parlamento de Galicia que inicia hoxe a sesión de investidura do presidente da Xunta. Eu estou cos gandeiros en loita por acadar un prezo digno para o  leite de noso.

1 comentario
  1. Maeloc
    Maeloc Dice:

    Malia que un servidor non comprende moi ben o voto do rural galego, onde, se supón, viven e votan os maltratados produtores de leite galegos, a miña plena solidariedade e empatía con este sufrido gremio que, ademais, é de especial importancia para Galicia.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará