Tres libros de política
/en Xerais/por bretemasForma parte das miñas esperanzas que un dos maiores beneficios que vaia achegar o novo goberno conxunto é propiciar na sociedade civil un gran debate sobre o futuro do país (Estatuto, financiamento, autogoberno, políticas sectoriais…), devolvéndolle así a dignidade e a racionalidade ao debate político. Nesa perspectiva pretendo presentar estes tres libros de política, protagonizados por tres persoas imprescindibles que teñen moito, moito que dicir na configuración deste novo tempo.
Ablativo en Nova York
/en Xerais/por bretemas
Chegounos unha boa noticia: O deseño do libro As galiñas de vento de Günter Grass, publicado dentro da colección Ablativo Absoluto, foi seleccionado para formar parte da exposición Listos para Leer. Diseño de libros en España (Ready to read. Book Design from Spain) que se inaugurará o vindeiro 4 de outubro na sede do Instituto Cervantes de Nova York, para itinerar posteriormente por Arxentina, Brasil e México. A mostra, organizada pola “Sociedad Estatal para el Desarrollo del Diseño y la Innovación” está comisionada Enric Satué, persoa encargada de seleccionar os títulos que forman parte desta exposición.A colección Ablativo Absoluto, deseñada por Miguel Ángel Vigo, está ilustrada polo pintor galego Xosé Freixanes que elaborou as imaxes que forman parte de cada unha das portadas da colección.
Conversas con Bernardino
/en Autores, Xerais/por bretemas
Onte acabei a lectura do libro de conversas con Bernardino. Rafael e Héitor fixeron un traballo excelente xa que en apenas cen páxinas conseguiron amosar o rostro profundamente humano dun dos grandes poetas da literatura galega. Creo que os aspectos máis novidosos do libro son os referidos á etapa de formación do poeta e ao pensamento filosófico e relixioso desenvolvido polo poeta, na última década, a partir da escrita do Protoevanxeo do neto de Herodes.O libro é moi entretido e de lectura agradecida polas múltiples anécdotas que contén. Quizais unha das máis divertidas é a que relata o tropezo en Madrid de Bernardino e Ferrín con Hemingway:
–Si, si. Home, en Madrid foi. Chocar fisicamente con Hemingway, de peito, eh!, Hemingway e Ferrín de golpe de peito. Precioso. Chocamos con el e despois dicía o Ferrín:
–Por que non nos quedamos con el? Coño, Bernardino ti sabes máis inglés.
Foi unha pena, pero é a timidez claro, é a timidez á adoración dos teus ídolos.
Herba Moura
/en Xerais/por bretemasBuxo
/en Premios, Xerais/por bretemasMoitos blogueiros
/en Premios, Xerais/por bretemasRamalliños de luces
/en Premios, Xerais/por bretemasXXV
/en Premios, Xerais/por bretemasNon nego que estamos orgullosos do que fixemos (a pesar dos moitos erros nos que incorremos, sen dúbida), mais tamén, estamos insatisfeitos, xa que o noso soño normalizador aínda queda moi lonxe. Non somos autocomplacientes. Queremos que este aniversario sirva para a autocrítica e para afrontar con maior determinación os retos de futuro.
En todo caso, celebraremos mañá con alegría esta fantasía colectiva de pular pola edición en galego, a tarefa que aos profesionais da editorial nos move cada día. Obrigados quedamos a todos os que nos apoian e estimulan, tanto cos seus parabéns como coas súas críticas (tan necesarios uns coma as outras). Beizóns.
Premios nas illas
/en Xerais/por bretemas
Illas de san Simón e san Antonio
O venres, antes da reunión dos xurados, estivemos visitando a illa onde o sábado celebraremos o anuncio do ditame dos Premios e a celebración do noso vinte e cinco aniversario. A intervención arquitectónica, promovida por Cultura e concibida por Portela, quedou moi vistosa e semella respectuosa co medio natural e co patrimonio xa construído. Camiñando polo paseo dos buxos impresiona saber que baixo aqueles mirtos se viviron xornadas de alerta e agonía. Teño a convicción que estes Premios, tanto por celebrar neste espazo de beleza desborda como polo contido das intervencións previstas, van ser moi emotivos. Agardo que o tempo nos acompañe (esta é hoxe a miña primeira preocupación).

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Un pacto pola lingua?28 de Outubro de 2026 - 8:41 a.m.
Igualada positiva26 de Outubro de 2026 - 8:48 a.m.
Agustín de Paz e a lingua20 de Outubro de 2026 - 8:37 a.m.
Defensa ofensivo, porteiro salvador19 de Outubro de 2026 - 8:46 a.m.
Cambio do xogo17 de Outubro de 2026 - 8:45 a.m.









