Moitos blogueiros

Entre os asistentes á festa, ademais dos membros dos xurados, de escritores, editores, libreiros, críticos, xornalistas e persoal da editorial e da nosa comercial, había moitos blogueiros (Ian, Fuco, Nalló, Lolo, Kavafinho, Náufrago, Jaureguizar, Cabrafanada, María e Cesare), fotógrafos (Lobato, Magar, Cal, De Arcos, Vicente) e ilustradores (Lázaro, moi felicitado polo libro; Villalobos; Fino, un dos xurados; Uhía, entre outros moitos).
Coa excepción, dunha ampla representación da Corporación de Redondela (que moito axudou na festa), de Xavier Senín (o subdirector Xeral de Promoción Cultural da Consellaría de Cultura, que se desviviu por atendernos), do presidente e xerente do IGAEM e dun responsable do BNG, non había apenas outros políticos (dificilmente podiamos competir coas eleccións). Agradecemos a presenza de todos as persoas que acudiron ao noso convite. Mágoa, que o reducido do aforo, impedise que puidésemos convidar a moitas outras.
3 comentarios
  1. naufrago
    naufrago Dice:

    Foi realmente fermoso o día. Noraboa a todo o cadro de Xerais pola organización. Sentímonos todos moi a gusto e moi irmáns no soño común da literatura galega. Benzóns.

  2. nalló
    nalló Dice:

    Para min foi moi emocionante poder visitar as illas. Non só pola memoria que almacenan (fermosa como a cantiga de Mendiño, arrepiante como a morte), senón porque, dende o barco, puiden imaxinar á miña avoa paterna, redondelá solidaria, sendo unha rapariga e remando cara ás illas nunha gamela que carrexaba a comida que as mulleres de Redondela recollían, casa por casa, para levárllela aos antifranquistas que alí estiveron na longa noite de pedra.
    Foi un pracer poder compartir convosco o festexo destes vinte e cinco anos.
    Longa vida!

  3. folerpa
    folerpa Dice:

    A min non me chegou a invitación pero síntome representado por tódolos blogueiros convidados.
    Parabéns polo aniversario.

Los comentarios están desactivados.