Estamos moi agradecidos polo
interese que suscitou a aparición dos
dous anuncios. Constitúen unha iniciativa modesta, para nós un ensaio, coa intención de atopar vieiros estables para aumentar a visibilidade do libro na televisión. Deseñamos unha pequena campaña de dúas semanas (do 11 ao 24 de decembro) nas que aparecerán acompañando a algúns espazos da programación cultural da
TVG (
Cifras e letras,
Libro aberto,
Miraxes e
Libro de familia). Foron producidos por
Lúa films, empresa que se ocupou, tamén, dos aspectos creativos.
Estes dous espazos, os primeiros que anuncian a aparición de dúas novelas galegas, non son, porén, os primeiros dun libro galego en televisión. Hai xustamente vinte anos foi tamén Xerais a primeira empresa que empregou este medio para anunciar a aparición do
Diccionario Xerais da Lingua, un feito, daquela, si verdadeiramente histórico. Somos conscientes da utilidade dos medios audiovisuais para a promoción do libro. O vindeiro ano pretendemos profundizar e mellorar, canto sexa posible, nese vieiro.