Deseño de portadas

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/yoDCiTsS7dU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Aínda que a nós custounos moito máis tempo o redeseño das cubertas da colección Xerais Narrativa, da que comezan a aparecer os primeiros títulos, e a pesar de que utilizamos menos o CS4 do que aquí se presenta, este vídeo é unha fermosa homenaxe para o noso compañeiro o grande portadista Miguel Vigo.

Vídeo: Islas Cíes, grazas.

Ok Go

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qybUFnY7Y8w" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Para celebrar día tan radiante (e frío) propoño pasmar con esta unha secuencia complexa, que leva case sete millóns de visionados en apenas dez días. Vía Mirá.

Desván de los Monjes, non era unha lenda urbana

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TAxDHlS0Ef4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A pesar do desmentido de Roberto Varela o pasado 24 de febreiro en El Correo Gallego, no segundo 18 do vídeo podemos comprobar que o de «Desván de los monjes» non era unha lenda urbana.

O vídeo completo («Magia y ocio en el Camino: paquetes turísticos de Terras de Ulla e Tambre) está publicado en «Galicia, ven y siéntala», a páxina de Galicia en Fitur.

As nosas beizóns a Martin Pawley por poñer as cousas no seu sitio.

A lección dunha nativa dixital

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7_zzPBbXjWs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Traballando hoxe na clase do «Mestrado de edición» sobre o tema do tránsito á edición e cultura dixital, a providencia laica agasallounos esta lección a editores, bilibotecarios e libreiros dunha nativa dixital. Non nos importa moito que se trate dunha peza de ficción.

Ola, o meu nome é Abbey e amo as bibliotecas, e os libros e as historias, mais son unha nativa dixital e quero unha biblioteca online que saiba que é o que quero. Que teña moito multimedia.  Quero que todo sexa rápido e doado, quero poder engadir as miñas cousas e compartir as cousas doutras persoas. Quero poder facelo todo dende o meu iPhone ou o meu Reader. Quero máis contido intelixente, etiquetado semántico, información en tempo real, realidade aumentada, xeolocalización… mesto gosto das pantallas interactivas. E agora todos vós estades ocupados traballando niso, mais eu son unha nativa dixital e o quero agora. Bulide e poñervos a traballar!

Vía ediciona.

Rosa Díez e o sentido «más peyorativo de la palabra»

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7_2CrYs0VY4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Semella incrible pero isto sucedeu na entrevista que Iñaki Gabilondo fixo no seu programa a Rosa Díez:

–Gabilondo: defíname a Zapatero.

–Rosa Díez: podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra (sic)

–Gabilondo: y Rajoy ?

–Rosa Díez: es gallego.

Pode escoitarse tan semellante disparate no minuto 5 desta gravación. Non hai dúbida ningunha que para esta deputada, «galego» é un adxectivo cunha sutil connotación negativa. Os responsables e simpatizantes do seu partido en Galicia algo deberían dicir. Nós só podemos expresar a nosa maior repulsa por semellantes declaracións. Quen dixo que o berluconismo non chegou á política española? Velaí temos a RD.

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego

Encantoume a campaña que promove a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: directa, irónica, participativa, eficaz. Desmontando prexuízos.

«As aulas e o despacho»

as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.

O pasado sábado, Anxo Lorenzo remata a súa ponencia na xornada de formación cos membros dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros premiados na convocatoria de proxectos de innovación en normalización lingüística 2009-2010. No vídeo pode verse un extracto do debate posterior. As imaxes son impresionantes pola afouteza e claridade das intervencións do profesorado e, ao mesmo tempo, desoladoras polos rostros de enorme tristeza dos participantes abatidos polo dano profundo que se lles está infrixindo. Síntome moi orgulloso de que contemos con profesionais coma eles comprometidos coa escola galega. Aconsello difundir este vídeo por todos os medios ao noso alcance. Dificilmente imos atopar unha peza que mellor defina o que está sucedendo nestes momentos nas aulas e nos despachos.

«Dona Carme» continúa gustando

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Xx0hZLBTGR0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Grazas, moitas grazas, a todos os lectores e lectoras do CEIP de Lamas de Abade!

Dona Carme fai agora vinte anos. Comprobo que continúa gustando aos picariños e picariñas de hoxe e algunhas profesoras lle atopan utilidade didáctica. Que máis se lle pode pedir a este libro publicado cando non había nada, ou case nada, para os primeiros lectores?

Non sabedes que satisfacción me produce saber que Dona Carme continúe viva.

Día Escolar da non violencia e pola Paz

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/UoR0cuRfnKA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Moito agradezo o esforzo que Anxo e Gracia veñen facendo en recompilar materiais da rede sobre a efeméride de hoxe, o Día Escolar da non violencia e pola Paz, que proban a vitalidade da celebración e a calidade e eficacia do traballo didáctico realizado nas aulas e nas bibliotecas do país. Un percorrido por tanto traballos escolares que para min resultou moi emocionante e gratificante. Aconséllo moi vivamente.

Tamén merece a nosa mención o encontro virtual, organizado por Espazo Lectura, que con motivo da efémeride mantivo Agustín Fernández Paz cos lectores e lectoras dos seus Valados.