Se eu fora presidente: tres primeiras medidas
Un xornalista de Faro de Vigo, preparando unha reportaxe para o primeiro día de campaña, pregúntame por teléfono sobre cáles serían as tres primeiras medidas que eu tomaría se fose presidente do Goberno (non quero nin imaxinalo!). Sen pensalo moito contestei o que segue:
- Declarar 2009 como Ano da Lectura.
- Presentar no Congreso do deputados un anteproxecto dunha lei de prazos do aborto.
- Solicitar a derogación da Lei de partidos coa finalidade de abrir un espazo de diálogo e consenso entre todas as forzas políticas vascas e, ao mesmo tempo, requerir ao Congreso do Deputados a formación dunha ponencia que elabore unha proposta de reforma constitucional de carácter federal.
Agora, pensándoo mellor, ocórresenme outras cantas (algunhas máis atinadas, seguro). Agardamos a mañá a publicación doutras propostas da cidadanía.
Pode ser un xogo interesante para emular na rede. Quen se atreve a continuar a cadea enunciando as súas tres primeiras medidas como presidente do goberno?
Actualización (22-02-2008): Maís medidas de choque: