Máis sobre a xestión da CdC

Daniel Salgado publica en El País Galicia unha xeira de opinións sobre o modelo de xestión escollido para a CdC. Entre as persoas que fomos consultadas a maioría expresamos dúbidas sobre a conveniencia de darlle maioría ao capital privado na xestión da nova fundación. Pola súa banda, Galicia hoxe publica unha entrevista con Juan Manuel Urgoiti, a persoa escollida por Touriño para presidir a nova fundación, que non achega novidades con respecto ao xa publicado ata agora.

8 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    A o final, o goberno amigo de madrid non se involucra. A xunta faiselle moito.Espermos k a cousa marche, e podamos vernos no AVE, viaxando a CdC. (eso si k non nos colla muy vellos por favor)A. Coruñes

  2. Maruxa
    Maruxa Dice:

    Non entendo, nin entenderei nunca o medo q tedes os nacionalistas ao capital privado. Van a faceros un favor … aire limpo, ideas novas e, por enriba, accions sensatas e realistas. Xa estou desexando velo. Estamos ata o moño … ducias de subvencions a fondo perdido e milleiros de funcionarios vivendo sen traballar. Sen acritude, Sr. B., delle unha oportunidade ao capital privado acostumado a traballar no mundo real.

  3. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Maruxa: medo ningún, miña amiga. Levo traballando vinte anos no mundo da cultura nunha empresa multinacional, sen subvencións nin apoios que non sexan os do mercado. Outrosí, é caer na inxenuidade que vale calquera modelo de xestión polo feito de estar avalado polo capital financieiro (só hai que ler os xornais e comprobar que pode suceder).

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Maruxa; tanto como “favor, favor,”non sei eu si Jove o amancio estarán po la labor.Sacaran o seu beneficio e será o normal. E sobre D. Manuel, e nacionalista, si. Pero k eu sepa, non e dos sectarios, e muy boa xente.Un saudo de A.Coruñes

  5. Maruxa
    Maruxa Dice:

    Dicir que a súa editorial e una multinacional e botarlle moita imaxinación, (colocar catro libros no mercado europeo o sudamericano de forma aleatoria o por compromisos políticos) non e “exactamente” o que a maioría de nos entendemos por empresa multinacional.
    Insistir en que non traballan con subvencións e, cando menos, unha inexactitude. Vostede sabe que hai moitas formas de axudas que directa ou indirectamente perciben e que outras empresas galegas con maior número de empregados e maior risco nin tan sequera se atreven a solicitar.
    E vai ser mellor que non entremos a valorar as auditorías das subvencións do Consello de Contas …
    Sen acritude, Sr. B., q teña un bo día.

    P.S.: Alégrome que os seus adlateres y/o amigos de La Coruña o teñan por unha boa persoa. Será, sen dúbida, un pracer engadido discutir con alguén que tenha un corazón de ouro.

  6. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Non, entendeu ben, Maruxa. A miña empresa traballa só no mercado interno (nin sequera exportamos eses libros que vostede imaxina) e forma parte dun grupo editorial multinacional. Non vou insistir sobre a cuestión das subvencións, que xa o teño feito veces abondo. Aos editores caeunos o sambenito de sector subvencionado e non hai maneira de quitalo de enriba.

  7. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Maruxa, de adlatare nada, como moito coñecido e de “LA” Coruña, pois como a vostede lle guste mais.(eu por eso non discuto)UN saudo do “A”nonimo Coruñes

Los comentarios están desactivados.