Poema de hoxe 10: «Xardín de inverno» de Ledicia Costas
aproveito eses momentos para correr
entre as bicicletas da infancia
no colo da memoria intacta
Ledicia Costas, Xardín de inverno (Everest, 2012)
Poema de hoxe 10: «Xardín de inverno» de Ledicia Costas/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
aproveito eses momentos para correr
entre as bicicletas da infancia
no colo da memoria intacta
Ledicia Costas, Xardín de inverno (Everest, 2012)
Poema de hoxe 9: «O punto de maduración» de Luisa Abad/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Poema de hoxe 8: «Apátridas» de Xela Arias/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
galicia e nós nó de verbos nos nobelos dos nomes
Xela Arias, Denuncia do equilibrio (Xerais, 1984)
Poema de hoxe 7: «O que todo galego choraría» de Valentín Paz Andrade/en Autores, Efemérides, In memoriam, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Chora, Terra, teu pranto matricial.
O que todo galego choraría,
se inda chorar puidera,
até cubrir de bágoas o mar.
Valentín Paz Andrade, Pranto matricial (edición Xerais 2012), homenaxe ao pasamento de Castelao o 7 de xaneiro de 1950
Poema de hoxe 6: «Cantos de reis»/en Efemérides, Festas, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Cantámoslle os reis
guedellas de cabra;
cantámoslle os reis
e non nos deches nada.
Popular, Cantos de reis.
Lembramos onte ao poeta Celso Emilio Ferreiro con motivo do 104 aniversario do seu nacemento. Ábrese así un ano no que celebraremos o cincuenta aniversario daquel xantar de despedida, antes da súa partida a Caracas, que se se desenvolveu nos baixos do Hotel Roma de Ourense o domingo 15 de maio de 1966, Unha homenaxe a Celso Emilio e Moraima, obrigados a coller as maletas do exilio, que se convertiu nun importante acto de protesta da oposición antifranquista, organizado pola UPG e o PC, en contra da decisión do goberno de Franco de asolagar as veigas de Castrelo do Miño e Ventosela para que Fenosa construíse alí un encoro. Naquel histórico xantar galeguista, no que participaron 250 persoas e no que se recibiron 1.250 adhesións, pronunciaron discursos Ramón Otero Pedrayo, Antón Tovas, Eduardo Blanco Amor, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Arturo Reguera, entre outros. Lembrar aquela proeza cívica é unha das iniciativas nas que está traballando a Fundación Celso Emilio Ferreiro e da que aquí daremos conta.
Poema de hoxe 5: «Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo» de Claudio Rodríguez Fer/en Autores, In memoriam, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Escríboche como ti nos escribías
coa materia prima do mañá moi dentro
(…)
Escríboche como ti nos escribías
dispostos sempre a comezar
Claudio Rodríguez Fer, «Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo», no cuarto cabodano de Isaac.
Poema de hoxe 4: «Proxectos» de Celso Emilio Ferreiro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
O meu programa é iste:
proclamar o dereito
á esperanza infundada
i ó imperativo categórico
do porvir imperfecto.
Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova, (Xerais, edición de 2004) no 104 aniversario do seu nacemento.
Poema de hoxe 3: «Teoría do riso» de Antón Patiño/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Poema de hoxe 2: «cousiñas» de María Reimóndez/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
neste mundo das cousas pequenas!
mais axiña chega unha vaga
de responsabilidade
e vida
María Reimóndez, cousiñas (Fabulatorio, 2013)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
