LV, xornal gratuito en galego
/en Lingua, Medios/por bretemasA aparición da prensa analóxica gratuita é unha das novidades máis significativas do xornalismo actual, mais aínda cando a súa aceptación polos lectores novos semella unha tendencia de éxito rotundo en todos os países. Está claro que, ao abeiro do cambio político, algo por fin se está movendo nos medios en Galicia. Agardamos a data de saída do primeiro número, que suporá o feito histórico de contar xa con dous diarios en galego.
Actualización (o4-12-2006): interesante anotación sobre LV de Juan Varela.
Sonotone
/en Internet, Medios, Música/por bretemasSei por Pawley da aparición hoxe na rede de Sonotone, unha revista galega (de actualización semanal) sobre música na que tamén terán cabida outras disciplinas como o cine e a literatura. Nesta primeira entrega no apartado de libros aparecen reseñas de ¡Viva o Fu Remol!, Éxodo e dz ou o libro de esperma. Ten moi boa pinta (tanto o deseño como os contidos): novas tendencias e moito onde aprender e sorprendernos (os que non pertencemos á xeración agromante). Seguirémola.
Máis alá
/en Beizóns, Internet, Medios/por bretemasMoi xeitosa a nova canle cultural de Vieiros. A estrutura de seccións, a presenza importante da imaxe e do vídeo e, sobre todo, o tratamento da información cultural presentada nestas primeiras entregas son novidades que anuncian que este novo espazo vai constituír un paso importantísimo para Vieiros e para a ampliación da súa audiencia. Ademais, gústame esa homenaxe sutil que con este nome se lle fai á cultura galega renovadora dos oitenta (Máis alá foi, ademais do manifesto manuelantoniano, o título daquel primeiro programa cultural vangardista dos primeiros anos da TVG que presentaba e dirixía Manuel Rivas, que ben se poderían ir publicando na rede). Beizóns para Lois e o seu equipo por este novo paso adiante.
Tempos novos
/en Beizóns, Medios/por bretemasUn exemplo ben acaído do que dicimos é o número de outubro que contén artigos moi valiosos: unha longa entrevista a Pasqual Maragall, realizada por Suso de Toro (desas que xa non se publican en case ningún medio); unha reportaxe sobre o independentismo galego; outra sobre blogs e literatura (un expléndido traballo de Iago Martínez sobre o panorama dos blogs en galego, incluíndo unha entrevista a Xavier Cid na que o especialista en xornalismo dixital dá por finiquitado o chamado “blogomillo”); un reflexivo ensaio de Victoriano Pérez Prieto sobre a polémica Vaticano-Islamismo ou unha crítica longa e literariamente fermosa de Antón Patiño sobre a “maxistral novela oceánica” de Rivas, por citar só cinco dos contidos moi destacados deste número da revista.
Porén, botamos de menos unha maior presenza dos contidos da revista na rede. Estou certo de que de publicarse en formato dixital, este número de outubro tería milleiros de lecturas electrónicas. Aspecto que supoño os responsables da revista tratarán de mellorar no futuro, sobre todo, a partir da edición dun suplemento da revista dedicado especificamente aos libros e á literatura galegas do que teño oído falar e que coordinará un profesional de absoluta solvencia.
No panorama informativo en galego tan reducido (onde apenas salienta a continuidade teimosa d’ A Nosa Terra e a aparición esporádica dalgunhas publicacións institucionais), o esforzo de Tempos novos por ofrecer un produto desta dignidade merece ser salientado e recoñecido. Os lectores en galego debemos superar algúns prexuízos (escasamente xustificables) e apoiar publicacións tan notables como a aquí reseñada. Beizóns para Tempos novos e os seus responsables. Apoiemos a prensa en galego.
Actualización: (23-10-2006): Na canle de Tempos en Vieiros publícanse algúns contidos aos que fixemos referencia.
Exit
/en Lectura, Medios/por bretemasGalicia gastronómica
/en Gastronomía, Internet, Medios/por bretemasAcaba de aparecer Galicia gastronómica, o primeiro xornal electrónico sobre cultura gastronómica galega. Á fronte do novo medio está á sabedoría e o rigor ao que nos ten afeitos Miguel Vila. Tivo a ousadía de convidarme a que publicase un dos meus textiños. Recomendo vivamente seguilo.
Nova etapa para "Vieiros da escola"
/en Educación, Internet, Medios/por bretemasOs Vieiros da escola iniciaron unha nova etapa, xestionados por Nova Escola Galega, dedicando un monográfico ao Día das Letras. A escola en galego precisa destes recursos electrónicos, que botamos en falta. Un eido que debemos atender con maior interese. Boa camiñada!
Praza das letras
/en Medios/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.