Carta a El País

O lanzamento o pasado domingo duns supostos libros de literatura infantil (adaptacións de obras adultas a grande formato, ilustradas de forma antidiluviana) constituíu un esvarón de considerables proporcións de El Pais, impropio dun medio que pretende facer xornalismo de calidade. Unha serie de profesionais do libro e da edición asinamos unha carta na que afirmamos que un “xornal como El País non debe difundir seudoliteratura baixo o obxectivo de achegar a gran literatura adulta aos nenos”. Este lanzamento abre un debate que remite a cuestións tan relevantes como qué entendemos por literatura, por literatura infantil, por libro, por lectura ou por formación dun criterio lector nas novas xeracións. Convido a participar na denuncia.
12 comentarios
  1. Incio
    Incio Dice:

    Estimado señor:
    Siento disentir; yo le leí el domingo a mi hijo de seis años la adaptación del Quijote y, bueno, no es como para tirar cohetes, pero no está mal. Lo mejor son las ilustraciones, hechas con una especie de pasta que le da unas calidades pictóricas – hápticas diría Alois Riegl- muy interesantes a las imágenes.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Decepciónanme moito mais os contidos habituais das páxinas da edición galega, para o meu ver de moi baixa calidade e nula pluralidade. E podo dicilo con coñecimento de causa, son suscritor.
    Os libros, con non compralos…

  3. silviacansa
    silviacansa Dice:

    Estou totalmente de acordo, nas coleccións anteriores merquei tres para o meu fillode 6 anos, pero cando vin as reproduccións desta nova coleción xa me neguei a mercar uns libros nos que a ilustración deixa moitísmo que desexar (tampouco son excelentes as de Uxia e o pillabáns pero hai diferencia…)
    Os do Pais deberían ver a web dos ilustradores galegos, onde a media está moi por riba do que están producindo eles dende a capital).
    Non hai quen os entenda, o deseño dos CD da colección de Jazz, é pola contra un deseño moi interesante, igual que os discos, agora ben se ledes os títulos do disco de Jobim veredes que non respetan a grafía portuguesa e hai erros moi extranos.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Eu ostendo a crítica as páxinas adicadas a cultura galega. E moi triste, observar como se pelean algúns intelectualoides por figurar neste medio, e o fan incluso en españo.
    É moi triste observar o oportunismo deste medio, cando en Galicia, que non é o seu “pais” comeza a haber algo de mercado para a cultura, aparecen eles, distorsionando, camelando, e sobre todo repito, eses “intelectualillos” Xamarros (pequenos tabeiróns) botados a carnaza do “el pais”
    Mentres segue sen haber un xornal en galego, porque os nosos nacionalistas, resulta que non o son.

  5. un calqueira
    un calqueira Dice:

    denostar as ilustracións dos libros infantís do país (infumables) e non reflexionar sobre a ínfima calidade do deseño gráfico das portadas nas coleccións de ed. xerais !!!???
    como era aquelo da viga e o da palla…

  6. Anonymous
    Anonymous Dice:

    non é a primeira vez que comprobo que hay censura niste blog, o cal nunha persoa como vostede que presume de mente aberta, me deixa atónito. Teña a valentía de publicar, ainda que non lle goste o que se di, porque non son comentarios ferintes, nin maleducados, senón ¿verdades que non lle gusta que se digan?

  7. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Anónimo iso que di é falso. Non hai censura ningunha. Non sei cál é a razón pola que afirma iso. Nunca impedín que aparecese comentario ningún, nin nunca borrei ningún (coa excepción dos spam).

  8. Anonymous
    Anonymous Dice:

    pois oxe mandeille dous comentarios e ¡que casualidade!non se publicou nengun dos dous. Ambos tiñan un comentario practicamente igual…

  9. Anonymous
    Anonymous Dice:

    A min tampouco me gustan as capas lilas dos xerais, son horribles; ás veces custa ler libros deliciosos como “Tres segundos de memoria”.
    O primeiro volume do País prestoume; pero gustoulle máis á miña filla, os debuxos encantáronlle tanto que lle tiven que mercar papel de cebola pra calcalos.
    Estivo tan enleada co choio e co libro que me deixou le-lo xornal enteiro e mailo semanal.
    Gustoume moito. Aprendan vostedes e tamén dos de Kalandraka e dos que fan libros de goma que se mergullan ou de tea que tanto lle lin a miña filla desde que tiña un mes.
    E todo o demais é criticar por criticar.

  10. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Son leitor de El Pais e dunha récola máis de medios.O caso é que malia a compracente instalación no chamado discurso da “diversidade” ainda non se decataron que moitos dos seus leitores non teñen o castelán como único idioma. O feito de teren edicions “territoriais” amosa como as culturas outras e as súas literaturas (toda esa riquesssa que nos conforme, que diría o Borbón)e os idiomas de que son expresión ainda non foron percebidos tamén como próprios.
    Mais unha cousa, o señor confunde ilustración con deseño de capas: todo ilo cuestionabel, mas non todas as opinións son iguais meu do mesmo xeito que hai nenos mais esixentes ca outros, non si?Ah, e o factor sobre-sorpresa, si a enxurrada de coleccionábeis que nos últimos anos acompañan a prensa para enlear adultos coma nenos. We are de world, we are de children

Los comentarios están desactivados.