As nosas linguas comúns
/en Lingua/por bretemasRecomendo a lectura deste Manifesto a prol do plurilinguismo, asinado por varios profesores universitarios, entre eles o noso amigo Carlos Taibo.
Apoio ao Manifesto de Galeusca
/en Iniciativas, Lingua/por bretemasAlfredo pide que reiteremos o noso apoio ao Manifesto de Galeusca. Eu xa o fixera o mesmo día que apareceu o texto.
Novas tecnoloxías e dinamización lingüística
/en Eventos, Lingua, Tecnoloxías/por bretemasMañá estaremos en Carballo participando no IV curso de Verán Traballando en lingua: novas tecnoloxías e dinamización lingüística. Interviremos nunha mesa redonda sobre “Recursos pedagóxicos e culturais na rede”, xunto a Xoán Costas Casas, Henrique Quintáns Míguez e Camilo Regueiro.
Barreras, orgullo de todos
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Lingua, Tecnoloxías, Vigo/por bretemasNo artigo da semana volvo sobre o interesante traballo de innovación tecnolóxica que desenvolve o estaleiro Barreras.
Galeusca
/en Iniciativas, Lingua, Política/por bretemas“4. O galego, éuscaro e catalán tamén son linguas oficiais nos seus territorios, que é o mesmo que dicir que son as linguas propias de aproximadamente o 40% da poboación do estado español. Estes códigos lingüísticos diferentes do castelán, lexítimos e nos que se recoñece o percorrido e expresividade dun pobo e dunha cultura, son instrumentos de comunicación igualmente “democrática”, ferramentas de relación interpersoal útiles e necesarias para a sociedade que as sustenta.”
[…]
“9. As políticas lingüísticas aplicadas ao ámbito educativo nas chamadas comunidades bilingües teñen como obxectivo conseguiren que o alumnado acade unha boa competencia nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar. Para acadar ese obxectivo, é preciso desenvolver planificacións lingüísticas que garantan a consecución dese obxectivo e que pasan, necesariamente, pola utilización vehicular maioritaria da lingua máis desfavorecida socialmente. E isto, en vez de ir contra a liberdade lingüística, é, precisamente, unha actuación imprescindible para garantir esa liberdade lingüística.”
O texto pode apoiarse dirixindo un correo electrónico á secretaría da AELG: oficina@aelg.org
A intelixencia de Barreras
/en Beizóns, Iniciativas, Lingua/por bretemasOs lectores e lectoras destas brétemas saben da miña admiración polo proxecto empresarial de Barreras, o estaleiro vigués que está montando buques futuristas na nosa Beiramar. Hoxe debemos volver a abenzoar aos responsables de Barreras polo seu decidido apoio á nosa lingua, nun momento especialmente difícil no que unha parte da clase empresarial viguesa amosa en privado intencións de deitarse nos brazos castelanófonos (nos vindeiros días, segundo as informacións das que dispoño, pode producirse un pronunciamento involucionista público). Barreras adoptando progresivamente o galego como a súa lingua vehicular (na documentación interna, na rotulación, nas relacións laborais como co entorno dos seus proveedores) recunca na súa aposta por estratexias futuristas e de innovación: neste caso pola tecnoloxía punta que simbolicamente atesoura a nosa lingua. A intelixencia empresarial de Francisco González Viñas, o presidente do esteleiro, unindo á innovación coa causa da lingua é a mellor inxección de entusiasmo que recibimos estes días. Beizóns para el e para os traballadoras da factoría.
Lingua común
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Lingua, Política/por bretemasNo artigo da semana propoño unha reflexión sobre o “Manifiesto por una lengua común”. Sobre a mesma cuestión recomendo a valiosa e clarificadora anotación que publica hoxe Escolar e o artigo moi intelixente de Josep Ramoneda.
Palabras encadeadas
/en Lingua, Publicidade, Vídeos/por bretemas"De aldeanos" ("De aldeáns")
/en Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.