Hoxe á mañá coñecimos unha noticia que nos entristeceu: a
libraría Couceiro de República do Salvador de Santiago, un dos puntos fortes para o libro galego e portugués, pechará as súas portas durante o mes de setembro. Semella que no local instalarase unha coñecida firma de
moda galega. Non obstante, sabemos que a familia Couceiro, unha estirpe de libreiros galegos coraxudos, continuará o seu traballo no establecemento que teñen aberto na rúa do Hórreo.
Ao peche desta Couceiro de República do Salvador se lle pode unir, tamén proximamente, o dalgunha outra libraría compostelana. Vai ser este o devir dos novos tempos: pechan as librarías de cultura e abren negocios de moda?
Actualización: 23:42 horas: na presentación da
Biblioteca Galega, que comentaremos mañá, falo con Suso Couceiro que me anuncia o proxecto da familia de continuar o proxecto de grande libraría galega nun novo edificio da praza de Cervantes. Quizais haberá que agardar un ano. O día remata cunha noticia ben esperanzadora.
Actualización: 04-09-2005: Entrevista a Xesús Couceiro onde expón o proxecto da súa nova libraría.